Arzúa é terra do queixo destino verde de Galicia paso dos peregrin@s

Programación cultural: setembro 2020

Programación cultural: setembro 2020

Arzúa presenta unha completa programación cultural para o mes de setembro

Arte, música, maxia, cine e teatro para pechar a programación de verán no concello de Arzúa.

Arzúa, 31 de agosto de 2020. O Departamento de Cultura do Concello de Arzúa continúa desenvolvendo a programación cultural de verán co inicio das actividades plantexadas para este mes de setembro.

En primeiro lugar, mañá martes clausurarase a cuarta edición da exposición colectiva “Bo Camiño” cunha visita guiada ás 19:00h na Capela da Madanela. Para asistir é necesario reservar praza no Departamento de Cultura. Esta actividade será retransmitida en directo na páxina de Facebook Cultura Concello de Arzúa para todo o público que non poida asistir.

Para esta mesma semana agárdanse tamén dous espectáculos de teatro e maxia para público infantil e familiar. O xoves día 3 a compañía Educateatro poñerá en escena o espectáculo Camiño de Santiago da Rede de Dinamización Lingüística sobre historias e cancións que Santiago e Mariña comparten durante o seu percorrido dirixido á catedral compostelá. O venres día 4 será a quenda para o Mago Dani García que traerá o espectáculo Don Gelatti que cumpre dez anos desde que se estreara precisamente en Arzúa. Ambas funcións comezarán ás 20:00h na Praza de Galiza ou, en caso de mal tempo, no Multiusos Terra do Queixo.

A programación de setembro acollerá a terceira edición de Arte na rúa o venres 11 cunha xornada de intevencións artísticas de arredor de vinte artistas galegos ao aire libre na contorna da rúa Cima do Lugar e da Praza de Galiza de 10:30 a 13:30h. Ese mesmo día, ás 19:30h., inaugurarase a exposición das obras creadas na Capela da Madanela. A mostra tamén poderá visitarse do 14 ao 18 en horario de 19:00 a 20:30h.

Por último, o xoves 17 contarase cunha sesión de cine na rúa organizada polo Servizo de Normalización Lingüística. Proxectarase o filme Maria Solinha de Ignacio Vilar que reconstrúe no teatro a historia da muller acusada de bruxería e queimada pola Inquisición no século XVII. A protagonista da obra de teatro vai sufrir, no século XXI, acedos ecos da agresión que sufriu María Solinha naquela época. Terá lugar ás 21:00h na Praza de Galiza e a actividade inclúe un encontro co director.

 

PROGRAMACIÓN:

Martes 1. Clausura da exposición “Bo Camiño” con visita guiada. Capela da Madanela | 19:00 

*Necesaria reserva previa no tlf. 981500222 ou no correo electrónico cultura@concellodearzua.com

*Emisión online en directo en www.facebook.com/culturaconcelloarzua

 

Venres 4. Maxia na rúa: Dani García con “Don Gelatti”. Praza de Galiza | 20:00 (En caso de mal tempo: Multiusos Terra do Queixo) 

 

Venres 11. Arte na rúa (intervención artística colectiva ao aire libre). Rúa Cima do Lugar e Praza de Galiza | 10:30-13:30

*Inauguración da exposición das obras creadas ás 19:30

 

Do 14 ao 18. Exposición Arte na rúa

Capela da Madanela | 19:00-20:30

 

Actividades do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Arzúa

Xoves 3. Teatro: Compañía Educateatro con “O Camiño de Santiago”. Praza de Galiza | 20:00 (En caso de mal tempo: Multiusos Terra do Queixo)

*Espectáculo promovido pola Rede de Dinamización Lingüística.

 

Xoves 17: Cinema na rúa: “María Solinha”. Praza de Galiza | 21:00 (En caso de mal tempo: Multiusos Terra do Queixo)

 

Obradoiro “Emotiradio” (obradoiro radiofónico e de aprendizaxe emocional).

Días: 31 de agosto, 1, 2, 3 e 8 de setembro

Horario: 11:00-13:00

Idades: 7 a 12 anos

Prazo de inscrición finalizado

 

Obradoiro artístico e cultural “A Vila do Mañá, Arzúa” (proxecto educativo e de divulgación no que a través do xogo se transforma o lugar que habitamos en algo novo).

Días: 4, 5, 7, 8 e 9 de setembro

Horario: Grupo 1 de 10:00 a 14:00h e Grupo 2 de 16:00 a 20:00

Idades: Grupo 1 de 6 a 12 anos e Grupo 2 de 12 anos en diante

Inscricións no 981500222 ou no correo cultura@concellodearzua.com ata o 3 de setembro ás 14:00h

 

  • Garantiranse as medidas vixentes de hixiene e protección.
Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on linkedin
LinkedIn
Share on pinterest
Pinterest
Share on whatsapp
WhatsApp
Share on email
Email