Arzúa é terra do queixo destino verde de Galicia paso dos peregrin@s

Programación cultural do mes de setembro

avelino

Os Concellos de Arzúa e Teo serán escenarios dos actos preparados pola Irmandade Avelino Pousa Antelo para a conmemoración do cuarto aniversario do seu falecemento o vindeiro sábado,día 20 de agosto.

Despois da realización de diversos actos no municipio teense, Arzúa acollerá  a partir das seis e media da tarde unha homenaxe en memoria e recoñecemento de quen ten sido un ilustre galeguista, loitador incansable e destacada figura do cooperativismo agrario; Avelino Pousa Antelo foi ademais un dos grandes pregoeiros cos que cada ano conta a nosa afamada Festa do Queixo. Os actos de recoñecemento da súa figura terán lugar na Capela da Madanela; onde  intervirán o Alcalde de Arzúa, José Luís García López, Marcos Borraxeiros e Mini e Mero cunha interpretación musical.

Deseguido, terá lugar unha ofrenda floral ao monumento do Alcalde Juan Vidal e, para rematar a xornada, ás sete e media da tarde farase unha recepción no local social de Santa María onde intervirán Xosé Ramón Fandiño Veiga, unha representante da familia Pousa e representantes locais.

CONCELLO DE ARZÚA.  SETEMBRO 2016

PROGRAMA ‘VEN ÁS FEIRAS DO 8 E 22’

Xoves 8. Inchables para os nenos e nenas na Praza de Galiza das 11:00 ás 14:00 horas.

*En caso de mal tempo, esta actividade aprazaríase para unha nova data.

 

CONTOS NA BIBLIOTECA

Venres 9. Espectáculo ‘Os libros do Titiriteiro’ a cargo da compañía ‘A Xanela do Maxín’, na biblioteca ás 17:30 horas.

Venres 16. Espectáculo ‘Contos de animalario’ a cargo da compañía ‘Daboapipa’, na biblioteca ás 17:30 horas.

Venres 23. Espectáculo ‘Mariña’ a cargo de Raquel Queizás, na biblioteca ás 17:30 horas.

 

PROGRAMA “COÑECE O TEU PAÍS”

Sábado 24. Excursión á provincia de Ourense: Baños de Molgas.

Comezo do prazo de inscrición: martes 13 de setembro no Departamento de Cultura ou chamando ao 981 500 222. Inscrición gratuíta. Prazas limitadas.

 

Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on linkedin
LinkedIn
Share on pinterest
Pinterest
Share on whatsapp
WhatsApp
Share on email
Email
Sede Electrónica
Perfil do Contratante
Portal de Transparencia