Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

Programación cultural: Día do Nen@

Programación cultural: Día do Nen@

O Departamento de Cultura do Concello de Arzúa celebra, un ano máis, o Día Internacional do Neno con varias actividades culturais para o desfrute dos escolares arzuáns.

Os nenos e nenas dos centros educativos de Arzúa poderán desfrutar de concertos musicais e didácticos, monicreques e contacontos. As actuacións, organizadas polo Concello de Arzúa, realizaranse en horario lectivo na Casa da Cultura.

A primeira delas será o vindeiro luns día 19 para os alumnos de cuarto, quinto e sexto curso de Educación Primaria que poderán gozar dun concerto didáctico e interactivo a cargo da famosa compañía Odaiko Percussion Group.

O mércores día 21 será a quenda para os alumnos de Educación Infantil que participarán na representación “C@nto” da compañía Ni Fu Ni Fa Animación cunha sesión de contos onde os persoaxes saen dun libro xigante..

Outra proposta de Ni Fu Ni Fa Animación irá destinada aos mozos e mozas da ESO e de Bacharelato o xoves 22. O espectáculo “Claro que si” mesturará proxeccións con múisca en directo e poesía.

E, por último, o venres 23, os alumnos e alumnas de primeiro, segundo e terceiro curso de Educación Primaria presenciarán un concerto didáctico con marionetas a cargo do quinteto de vento Pentafonía.

Todas as actuacións serán ás once e media da mañá na Casa da Cultura.

A Concelleira de Cultura e Educación do Concello de Arzúa, Natalia Pereira, destaca a importancia destas actividades “porque serven para enriquecer culturalmente aos nenos e nenas en horario escolar asegurando así, a súa participación nas actividades independentemente das súas idades ou de onde vivan”. Ademais salineta o “esforzo económico que realiza o Concello dándolle continuidade a este programa a pesares de que a crise actual que estamos a vivir perxudica gravemente ao desenvolvemento da cultura”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Email