Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

Programa ‘Lecer no Rural’ 2014

Cartel OBRADOIROS XOGOS DO MUNDO 2014 - Concello de Arzúa

O Departamento de Cultura do Concello de Arzúa organiza o programa de actividades ‘Lecer no rural’ que chegará a todas as parroquias do municipio.

Esta iniciativa botará a andar despois do rotundo éxito que no ano 2012 tivo outra das actividades promovidas polo Departamento de Cultura, o obradoiro de xogos populares e tradicionais que contou cunha acollida e participación moi numerosa por parte dos veciños e veciñas do rural. Este novo programa vén afianzar así o firme compromiso do Concello de Arzúa de achegar o ocio e a cultura a todos as parroquias, deste xeito este mesmo sábado terá lugar o Obradoiro de xogos do mundo que ata o vindeiro mes de novembro achegarase a todos os núcleos rurais, centros educativos e casco urbano.

Durante o desenvolvemento da actividade, os participantes terán un coñecemento do tipo de xogos que se realizan noutras culturas, intentando fuxir daqueles que, dada a súa enorme popularidade e longa tradición, son amplamente coñecidos. Un dos obxectivos é tamén fomentar o intercambio xeracional facendo partícipes dos xogos e das dinámicas propostas a grandes e pequenos no que será unha actividade familiar.

O alcalde do Concello de Arzúa, José Luís García, amosou a súa satisfacción por poder pór en marcha iniciativas desta índole que tratan de “dinamizar a vida do rural procurando que os veciños e veciñas conten con actividades entretidas e novidosas para os seus momentos de ocio”.

CALENDARIO DOS OBRADOIROS:

LUGAR HORARIO DATA
A MELLA 16:30 – 18:30 12 ABRIL
SAN MARTIÑO 16:30 – 18:30 26 ABRIL
OÍNS 16:30 – 18:30 10 MAIO
BRANZÁ 16:30 – 18:30 31 MAIO
BURRES 17:00 – 19:00 6 XUÑO
CASTAÑEDA 17:00 – 19:00 7 XUÑO
DODRO 17:00 – 19:00 21 XUÑO
DOMBODÁN 17:00 – 19:00 4 XULLO
FIGUEIROA 17:00 – 19:00 18 XULLO
TRONCEDA 17:00 – 19:00 19 XULLO
MAROXO 17:00 – 19:00 8 AGOSTO
VILANTIME 17:00 – 19:00 9 AGOSTO
BOENTE 17:00 – 19:00 22 AGOSTO
LEMA 17:00 – 19:00 23 AGOSTO
SAN ESTEVO 17:00 – 19:00 5 SETEMBRO
BRANDESO 17:00 – 19:00 6 SETEMBRO
SANTA MARÍA 17:00 – 19:00 19 SETEMBRO
VILADAVIL 17:00 – 19:00 20 SETEMBRO
RENDAL 16:30 – 18:30 4 OUTUBRO
PANTIÑOBRE 16:30 – 18:30 18 OUTUBRO
VIÑÓS 16:30 – 18:30 8 NOVEMBRO
Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Email