O Programa Galego de Detección Precoz do Cancro de Mama consiste na realización dunhas mamografías cada dous anos que van dirixido a tódalas mulleres de 50 a 69 anos residentes no Concello de Arzúa.
A tódalas donas pertencentes a ese grupo de idade envíaselles unha carta desde a Unidade Central do Programa, onde se lles comunica o lugar, dia e hora da cita. No caso de non recibila ou para resolver calquera dúbida, poden chamar ao teléfono 981 14 14 14.
Para faciliar o acceso á Unidade de Exploración, que está situada no Hospital Xil Casares de Santiago, póñense á disposición das usuarias un servizo de transporte gratuito que realizará tódolos días o seguinte itinerario:
BOENTE (no Bar bareta)
Horas de parada 14:15, 16:00 a 18:00 horas.
CASTAÑEDA (na parada oficial do autobús)
Horas de parada 14:20, 16:05 e 18:05 horas.
RENDAL – RIVADISO (na parada oficial)
Horas de parada 14:25, 16:10 e 18:10 horas.
ARZÚA (no Bar Ameixa)
Horas de parada 14:30; 16:15 e 18:15 horas.
BURRES (frete o Bar Méndez)
Horas de parada 14:35, 16:20 e 18:20 horas.
A data prevista de INICIo será o vindeiro LUNS 30 de SETEMBRO DE 2013