PRESTACIÓN ECONÓMICA DE PAGAMENTO ÚNICO POR FILLAS E FILLOS MENORES DE TRES ANOS PARA O ANO 2012.
Poderán ser beneficiarios desta prestacións aquelas persoas que teñan ao seu cargo fillos/as menores de tres anos na data 1 de xaneiro de 2012 (nacidos entre o 2 de xaneiro de 2009 e o 1 de xaneiro de 2012, inclusives) e que, por razón dos ingresos obtidos durante o ano 2010, nin elas nin ningún dos membros da unidade familiar estivesen obrigadas a presentar a declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas correspondentes a este período.
Serán requisitos necesarios para a concesión da prestación:
Que os proxenitores teñan a súa residencia habitual en Galicia.
Que na data da solicitude os nenos/as convivan coa persoa solicitante.
A prestación consistirá nun pagamento único por cada fillo/a menor de tres anos, sendo a contía da prestación de 360 euros para cada un dos fillos/as.
Os beneficiarios que recibiron esta axuda no pasado ano 2010, e a súa situación económica e familiar non variou, deberán presentar os DNIs.
Para máis información e para cumprimentar os impresos de solicitude poden pasar polos Servizos Sociais do Concello (Oficina do Educador Familiar), previa cita, antes do día 22 de marzo de 2012.