Arzúa é terra do queixo destino verde de Galicia paso dos peregrin@s

PRESTACIÓN ECONÓMICA DE PAGAMENTO ÚNICO POR FILLAS E FILLOS MENORES DE 3 ANOS

Os Servizos Sociais do Concello de Arzúa INFORMAN que a Consellería de Política Social establece as bases polas que se rexerá a concesión da prestación económica de pagamento único por fillas e fillos menores de 3 anos para o ano 2019, según a Orde do 20 de marzo de 2019.

PERSOAS BENEFICIARIAS

Aquelas persoas que teñan fillas ou fillos menores de 3 anos nados entre o 1 de xaneiro de 2016 e o 31 de decembro de 2017 e que, durante o ano 2017, nin elas nin ningunha das persoas que compoñan a unidade familiar estivesen obrigadas a presentar a declaración polo IRPF correspondente a este período, nin a presentanse de xeito voluntario aínda sen estaren obrigadas a iso.

TIPO DE AXUDA

A prestación consistirá nun pagamento único por cada filla ou fillo menor de 3 anos sen que a mesma filla ou fillo poida dar lugar a máis dunha prestación en virtude desta convocatoria. A contía será a seguinte:

– cando sexa a primeira filla ou fillo: 360 euros.

– cando sexa a segunda filla ou fillo: 1.200 euros.

– cando sexa a terceira ou terceiro e sucesivos: 2.400 euros.

PRAZO DE PRESENTACIÓN

O prazo de presentación das solicitudes será ata o 27 de maio de 2019.

Para máis información poden pasar polos Servizos Sociais do Concello, previa cita.

Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on linkedin
LinkedIn
Share on pinterest
Pinterest
Share on whatsapp
WhatsApp
Share on email
Email
Sede Electrónica
Perfil do Contratante
Portal de Transparencia