Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

Preséntase en Arzúa o proxecto Kogumelos

Preséntase en Arzúa o proxecto Kogumelos
Da man de Agustín Sánchez Carro, inaugúrase este sábado unha exposición que explica este proxecto artístico no medio natural.

O Departamento de Cultura do Concello de Arzúa informa que este sábado abrirase unha nova exposición na Capela da Madanela.
Trátase da mostra do Proxecto Kogumelos no que o arzuán Agustín Sánchez Carro leva moito tempo traballando. O propio autor presenta ao público, con esta exposición, a súa iniciativa de intervención artística no medio natural, concretamente na contorna do encoro de Portodemouros. Poderase visitar na Capela da Madanela e descubrir un proxecto personal con varias fotos da parte xa executada do proxecto.
A apertura da mostra terá lugar este sábado, día 22, ás 11:00h e a inauguración oficial ás 17:00h. Tamén se poderá visitar na semana do 24 ao 30.
Segundo manifestou Agustín Sánchez, con este iniciativa pretende “reactivar a zona e as inquietudes artísticas e culturais, así como provocar cambios na forma de ver as cousas e mellorar as relacións persoais”.
A entrada será libre con control de aforo e co debido cumprimento de todas as medidas de hixiene e protección fronte á Covid-19.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Email