Extensión: 6 Km2
Poboación: 119
Núcleos máis importantes: Carballeira, Casanova, Cobas, Fabal, Igrexa, Ourís, Ramil, Seixo, Sesa de Abaixo, Sesa de Arriba, Souto, Ventorrillo, Vila do Fondo.
Festas parroquiais: As festas da parroquia son dedicadas a San Pedro, e celébranse o 29 e 30 de xuño. No segundo día celébrase o Corpus. Tamén se festexa o día da Nosa Señora do Carme, no domingo seguinte.
Lugares de interese:
Mina da Carballeira. Fonte de mina, de propiedade pública. Accédese á boca da poza a través dunha rampla de grandes lousas de pedra. A canle está recortada no chan en forma de nove ao revés.
Esta parroquia, ao igual que a de Tronceda, posúe unha grande riqueza paisaxística. Dende aquí pódese ver a illa que forman os ríos Ulla e Arnego, ao desembocar na presa.