Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

Vilantime (San Pedro)

Extensión: 8 Km2

Poboación:
202

Núcleos máis importantes: Aquel Cabo, Barros, Filgueira, Igrexa, Monte, Montelongo, Pedrosa, Pela, Pique, San Miguel, Vilasuso, Volteiro.

Festas parroquiais: As festas da parroquia son o 29 e 30 de xuño (este último dedicado ao Corpus). Tamén se celebra a San Antonio o domingo seguinte ao seu día, o 13 xuño.

Lugares de interese:

Igrexa Parroquial de San Pedro de Vilantime. A Igrexa de San Pedro de Vilantime data do século XIX. Ten planta lonxitudinal. Conserva as lousas do antigo cemiterio.

Festa do San Queremos e campionato de arrebolamento de sacho. A parroquia de San Pedro de Vilantime organiza esta festa dende 1998. Un grupo de mozos/as da parroquia decidiron a finais dos anos 90 enriquecer o santoral cun novo santo patrón, e tras a pregunta «¿Que queremos?» e a resposta «Festa», concidiron todos e todas e o verbo fíxose santo.

Na festa, o maior protagonista acaba sendo o sacho, utensilio de labranza co que os/as «arreboladores/as de sacho» fan un campionato mundial de lanzamento.