Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

Calvos de Sobrecamiño (San Martiño)

Extensión: 12’8 Km2

Poboación: 202

Núcleos máis importantes: Calvos, Codeseira, Fontesagrada, Igrexa, Mañas, Muíños, Orxal, Pena, Sebio, Sesar, Soutullo, Torre, Tras do Río, Xibeirós.

Festas parroquiais: 11, 12, 13 de novembro San Martiño. Santa Margarida, o segundo domingo de xullo.

Lugares de interese:

A Igrexa de San Martiño de Calvos de Sobrecamiño data do século XVIII. Ten unha nave única con coro de madeira. Os retábulos da Virxe do Carme e de Santa Margarida son do século XVIII, de estilo rococó.

Pazo de Rosende ou Casa da Briona. O seu aspecto é propio dunha fortaleza, pois este pazo pertenceu ao ducado de Gor. Ten unha fermosa solaina, na fachada norte, con balaústres de pedra de labra barroca, con cuberta sostida por pequenos piares de cantaría. Presenta dous escudos na súa fachada principal.