Extensión: 7’2 Km2
Poboación: 173
Núcleos máis importantes: Bar, Baiobre, Branzá, Branzaílla, Carral, Cornado, Coto, Follencia, Igrexa, Loureiros, Piñeiro, Retorno.
Festas parroquiais: 9 e 10 de decembro ( Santa Leocadia e Virxe do Carme), último domingo de setembro ( Santo Cristo), 3 de maio (Santa Cruz, en Baiobre).
Lugares de interese:
A Igrexa Parroquial de Santa Locaia de Branzá data do último terzo do século XVIII. O conxunto da igrexa, cemiterio, reitoral e casas do contorno destacaron nun tempo pola súa nobreza e organización urbanística.
A parroquia de Branzá conta con outras edificacións de interese, por exemplo: a Casa Grande de Baiobre, Casa Reitoral de Branzá…