Extensión: 3’2 Km2
Poboación: 140
Núcleos máis importantes: Boente de Arriba, Boente de Abaixo, Custedo, Martulo, Outeiro, Pazos, Peroxa.
Festas parroquiais: Santiago Apóstol (25 xullo), Virxe da Saleta ( 3º domingo de setembro).
Lugares de interese:
Igrexa Parroquial de Santiago de Boente do primeiro terzo do século XIX, construída no mesmo lugar e con restos da igrexa románica do século XII. Da antiga igrexa gárdanse imaxes de gran valor artístico: un Santiago peregrino de principios do século XIX, unha Virxe do Carme e un San Roque do século XVIII…No coro consérvase o mecanismo dun reloxo de agullas, que ten máis dun século.
Cruceiro e Fonte da Saleta, do século XIX.
Reloxo de sol da Igrexa Parroquial de Santiago de Boente. É de cuadrante vertical, e ubícase na fachada sur da Igrexa.