Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

Os veciños de Arzúa xa poden alertar ao concello de posibles incidencias a través do seu teléfono móbil

A aplicación pode descargarse xa nos teléfonos móbies con sistema operativo Android, debe descargarse a través do Google Play poñendo no buscador arzuactiva.

Este sistema permite que os usuarios conten cunha ferramenta dende a que poderán informar ao Concello de calquera incidencia que se atopen: un vial en mal estado, un fallo no alumeado, un problema na rede do alcantarillado e moitas outras que afectan ao mobiliario urbano. O usuario ten a posibilidade de incorporar unha fotografía e a ubicación exacta da incidencia a través do sistema de localización GPS.

A mensaxe comunicando a incidencia chegará ao servidor central do concello, donde se lle dará curso e se movilizarán os efectivos necesarios para solucionala. Os usuarios do sistema estarán informados en todo momento do estado de tramitación da incidencia comunicada.

O alcalde de Arzúa, José Luis García,  explica que o obxectivo desta iniciativa impulsada polo goberno municipal “é o de conseguir unha maior e máis rápida intervención do concello neste tipo de incidencias”, engadiu ademais que se trata dun sistema “máis áxil e operativo para controlar calquera tipo de fallo ou problema no mobiliario urbano ou nas zonas urbanas e rurais de titularidade municipal e permite ademais facer un seguimento delas”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Email