Arzúa é terra do queixo destino verde de Galicia paso dos peregrin@s

Os Reis Magos visitarán Arzúa nunha gala organizada con todas as medidas de seguridade

Os Reis Magos visitarán Arzúa nunha gala organizada con todas as medidas de seguridade

O Departamento de Cultura do Concello de Arzúa organiza para mañá o último acto da extensa programación de Nadal 2020-2021.
Trátase dunha gala titulada A maxia dos Reis Magos que substituirá á tradicional Cabalgata despois de que o Concello confirmara hai varias semanas que non se poderá realizar no formato habitual ao que estamos acostumados, antenpoñendo a saúde pública ás aglomeracións de público que se producen neste evento.
Aínda así, conscientes da importancia desta tradición e da ilusión que depositan neste día os máis pequenos da casa, o Departamento de Cultura deseñou para mañá unha gala que contará co espectáculo de maxia e teatro Le Cirque da man de Cayetano Lledó. Ao remate do mesmo, as Súas Maxestades chegarán ao Multiusos Terra do Queixo para saudar ao público asistente e repartir un agasallo aos participantes coa axuda dos seus paxes.
Haberá dous pases, o primeiro ás 17:30h e o segundo ás 19:00h, sendo este último retransmitido en directo a través da páxina de Facebook do Departamento de Cultura.
Este ano para garantir a distancia persoal de seguridade non poderán atender un a un a todos os menores, polo que o público estará sentado cumprindo todas as medidas establecidas nos protocolos vixentes. As inscricións para esta actividade continúan abertas ata as 14:00h de mañá no teléfono 981500222 ou no correo cultura@concellodearzua.com. Desde o pasado día 21 reserváronse máis de 300 prazas.
A apertura de portas farase media hora antes do inicio de cada pase e todas as persoas inscritas deberán presentarse como mínimo dez minutos antes do comezo. No caso de non facelo, esas prazas quedarán a disposición de público sen reserva por orde de chegada e unha vez iniciado o espectáculo non se poderá acceder ao recinto.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Email