Arzúa é terra do queixo destino verde de Galicia paso dos peregrin@s

Oportunidades para o sector forestal e medidas para evitar roubos no rural centrarán dúas charlas informativas que se impartirán en Arzúa no mes de abril

O Concello de Arzúa colabora na organización de dúas charlas informativas que, a bo seguro,resultarán do interese dos veciños e veciñas do municipio.

A primeira delas será ofrecida por persoal da Asociación Profesional de Selvicultores de Galicia e versará sobre as Oportunidades para o Sector Forestal. Entre os temas a tratar está o cultivo e xestión sostible e rentable do eucalipto: qué, cómo, dónde e cándo plantar; cómo coidar o monte para que medre máis ou mesmo cándo cortar. Esta xornada informativa terá lugar o venres, 11 de abril, no Telecentro de Comunicación de Arzúa, situado ao carón do Xulgado, na Rúa de Lugo,  a partir das 16:30 horas da tarde.

A segunda das charlas informativas terá lugar o martes, 22 de abril, a partir das 11 da mañá no Telecentro de Comunicación de Arzúa. Membros da Garda Civil da Coruña, do Equipo Roca (especializados na investigación de roubos no campo) ofrecerán unha charla sobre as medidas a adoptar ante a oleada de roubos que se veñen producindo nas parroquias dos concellos rurais.

Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on linkedin
LinkedIn
Share on pinterest
Pinterest
Share on whatsapp
WhatsApp
Share on email
Email
Sede Electrónica
Perfil do Contratante
Portal de Transparencia