Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

Oferta de actividades deportivas e culturais. Curso 2022-2023

Oferta de actividades deportivas e culturais. Curso 2022-2023
O Concello de Arzúa presenta o programa de actividades municipais para o curso 2023-2023 cunha ampla oferta de actividades deportivas e culturais dirixidas a todos os públicos e que amplía a oferta con respecto aos anos anteriores.
Por unha banda, o Departamento de Cultura continúa coa actividade de Danza Moderna dende os 5 anos nas tardes dos xoves. Tamén continúan un ano máis as clases de Pintura tanto para público infnatil como adulto nas tardes dos mércores. Como novidade, este ano amplíase a oferta apostando por dúas disciplinas novas: bailes afrolatinos (bachata, kizomba…) para persoas adultas os mércores a partir das 20:00 e a creación dun Club de lectura que se desenvolverá os sábados pola mañá cada tres semanas na biblioteca municipal.
Por outra banda, dende o Departamento de Deportes cotinúan apostando polas diferentes modalidades deportivas que veñen alcanzando un alto éxito de participación e satisfacción nos últimos anos. Así, este departamento municipal ofertará de novo Ximnasia para a terceira idade a partir dos 60 anos, Ioga e Zumba para maiores de idade, e Tenis e Patinaxe a partir dos cinco anos.
Todas as actividades darán comezo no mes de outubro e o prazo de inscrición abrirase o vindeiro martes, 20 de setembro. Os anotamentos formalizaranse presencialmente na oficina de Cultura e Deportes. Poden solicitar máis información no teléfono 981 500 222.

DESCARGAR FOLLETO INFORMATIVO

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Email