Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

Odaiko presenta en Arzúa o dvd do espectáculo “Galician on board” cun concerto

Odaiko presenta en Arzúa o dvd do espectáculo “Galician on board” cun concerto

O Departamento de Cultura do Concello de Arzúa informa que o grupo Odaiko Percussion Group presentará o seu novo dvd do espectáculo “Galician on board” cun concerto o vindeiro domingo día 25 de novembro ás sete da tarde no Recinto Feiral Terra do Queixo.

O grupo nace en Holanda integrado por licenciados en percusión clásica, contemporánea e jazz no ano 2003. A experiencia comezou como como dúo, logo como trío e máis tarde como Odaiko Percussion Group.

A idea inicial de Odaiko nace a raíz dás numerosas colaboracións dous seus compoñentes en festivais mundiais en lugares como Holanda, Bélxica, Filipinas ou Estados Unidos.

A proposta artística deste grupo galego céntrase na exploración dá música tradicional multiétnica, na súa variante percusiva, faceta pouco traballada pola dificultade que supón a diversidade técnico-musical. Nos seus espectáculos pódense atopar instrumentos de orixe oriental, africanos, latinoamericanos, galegos e instrumentos de creación posterior.

“Galician on board” é o terceiro traballo de Odaiko, despois do éxito recollido en “Okho” e “Odaiko nas escolas”. Consiste nun proxecto que nace coa visión de resaltar conceptos como folclore, industrialización, inmigración , campo…. dunha maneira moi vangardista na que Odaiko sorprende en cada espectáculo.

Os prezos para desfrutar deste espectáculo son cinco euros a entrada normal e sete euros con dvd. As entradas poderanse adquirir unha hora antes no Recinto Feiral Terra do Queixo, lugar do concerto.

Dende o Departamento de Cultura quérese animar aos veciños e veciñas a desfrutar deste espectáculo a un módico prezo e que, de seguro, non deixará a ninguén indeferente. Ademias sinálase que esta iniciativa xurde por inciativa propia da compañía e non supón ningún custe para o Concello.

CONCERTO

ODAIKO PERCUSSION GROUP

www.odaiko.es

“Galician on board”

RECINTO FEIRAL TERRA DO QUEIXO (Arzúa)

Domingo 25 Novembro · 19:00 horas

Entradas: 5 € (normal) / 7 € (con dvd)

As entradas poderanse mercar a partires das 18:00 horas no recinto feiral

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Email