Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

Obradoiro Municipal de Danza

Obradoiro Municipal de Danza - Concello de Arzúa

O Departamento de Cultura do Concello de Arzúa pon en marcha o primeiro Obradoiro Muncipal de Danza promovido para este ano 2015 co fin de impulsar unha nova actividade formativa e de lecer.

Haberá tres disciplinas que se impartirán os xoves pola tarde no Recinto Feiral ‘Terra do Queixo’:

  • Ballet clásico desde os cinco anos con clases preparatorias para os exames oficiais.
  • Danza moderna e hip hop tamén desde os cinco anos.
  • Bailes de salón a partir dos dez anos de idade.

Faranse varios grupos adaptados ás distintas idades e estableceranse horarios para os mesmos tendo en conta as necesidades de cada tipo de público, é dicir, os rapaces e rapazas asistirán ás sesións nas horas centrais da tarde e os adultos desde as oito do serán. As sesións terán unha duración dunha hora semanal.

As disciplinas que consigan grupo mínimo comezarán no mes de febreiro e terán un custo de 25 euros por persoa ao mes, podendo beneficiarse do 30% de desconto no caso de inscribirse máis dun membro da unidade familiar nunha actividade. A rebaixa aplicarase a partir do segundo membro anotado.

Para participar en calquera das modalidades é necesario inscribirse previamente no Departamento de Cultura de forma presencial, chamando ao 981 500 222 ou contactando co correo electrónico cultura@arzua.gal. O prazo remata o vindeiro 28 de xaneiro e as prazas son limitadas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Email