Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

Obradoiro de Fórmate por Internet e Retoca as túas Fotos na Aula CeMIT de Arzúa

Cartaz-Formate-Internet-Retoca-Fotos-Xullo'14

 

Na terceira semana do mes de xullo, a partir do 14 de xullo, van dar comezo dous novos cursos gratuítos:

  • FÓRMATE POR INTERNET. Durante este obradoiro os asistentes coñecerán as distintas plataformas e recursos presentes na Internet para formarse de xeito gratuíto en materias como idiomas, novas tecnoloxías e outras temáticas. Esta actividade terá lugar do 14 ao 18 de xullo, de luns a venres excepto o mércores 16 de xullo por ser festivo, en horario de tarde das 16:30 ás 18:00 horas.
  • RETOCA AS TÚAS FOTOS. Os contidos que se tratarán neste obradoiro serán: a xestión das nosas fotografías, facer unha copia de seguridade, pasalas da cámara ou móbil ao ordenador e retoque básico con programas e aplicacións gratuítas presentes na Rede. Este curso terá unha duración de 2 semanas, comezando o luns 14 de xullo e rematando o 24 de xullo, en sesións de 1 hora e media de luns a venres das 20:00 ás 21:30 horas.

Para incribirse pódese seguir calquera destas alternativas:

  • Achegándose a Aula CeMIT de Arzúa sita na Rúa Lugo s/n (ao carón do Xulgado) en horario de tarde das 16:30 ás 21:30 horas.
  • A través da web: cemit.xunta.es e usando os datos de acceso (usuario e contrasinal) ao ordenador da aula para solicitar a inscrición na actividade.
  • Por teléfono: 981 500 447.
  • Mediante correo electrónico á dirección cemit.arzua@xunta.es indicando os seus datos persoais.

 

Actividades do mes de xullo de 2014 na Aula CeMIT de Arzúa:

Cartaz-CeMIT-Arzua-Programacion-Xullo'14

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Email