Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

Obradoiro de Correo Electrónico e Facebook na Aula CeMIT de Arzúa

Cartaz-Correo-Electronico-Facebook-Xullo'14

Na primeira semana do mes de xullo vanse realizar dous cursos gratuítos desde o día 30 de xuño e ata o 4 de xullo:

  • CORREO ELECTRÓNICO. Terá lugar do luns 30 de xuño e ata o venres 4 de xullo en horario de tarde das 16:30 ás 18:00 horas de luns a venres. Os contidos deste obradoiro son a lectura e xestión dos correos recibidos (filtros, carpetas e etiquetas), o manexo da axenda de contactos (creación de novos contactos e grupos) e outras opcións de configuración coma as respostas automáticas ou sinaturas.
  • COMEZA CO FACEBOOK. Terá lugar do luns 30 de xuño e ata o venres 4 de xullo en horario de tarde das 20:00 ás 21:30 horas de luns a venres. Os contidos deste curso serán o manexo do perfil en Facebook, facendo especial fincapé na xestión da privacidade e nas posibilidades desta rede social.

 

Para incribirse pódese seguir calquera destas alternativas:

  • Achegándose a Aula CeMIT de Arzúa sita na Rúa Lugo s/n (ao carón do Xulgado) en horario de tarde das 16:30 ás 21:30 horas.
  • A través da web: cemit.xunta.es e usando os datos de acceso (usuario e contrasinal) ao ordenador da aula para solicitar a inscrición na actividade.
  • Por teléfono: 981 500 447.
  • Mediante correo electrónico á dirección cemit.arzua@xunta.es indicando os seus datos persoais.

 

 

Actividades do mes de xullo de 2014 na Aula CeMIT de Arzúa:

Cartaz-CeMIT-Arzua-Programacion-Xullo'14

 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Email