Arzúa é terra do queixo destino verde de Galicia paso dos peregrin@s

OBRADOIRO «ACTIVANDO O TEU FUTURO»

A Oficina Municipal de Información Xuvenil en colaboración coa Aula de Educación de Adultos do Concello de Arzúa, ofrécenche o

OBRADOIRO «ACTIVANDO O TEU FUTURO»

Unha acción formativa co obxectivo de proporcionar aos mozos e mozas menores de 30 anos ferramentas no tema relacionado co emprego e o autoemprego, así coma unha análise das oportunidades de traballo e competitividade no mercado laboral.

Anímate e participa!

Poderás atopar ferramentas que che permitan optimizar as túas habilidades e destrezas para a toma de decisións respecto o teu futuro ocupacional ou profesional:

Define o teu obxectivo.
Simplifica o teu curriculum vitae.
A proba das redes sociais.
Adquire formación.
A importancia da educación non formal e o voluntariado.
Empresas especialistas nas redes sociais.
Descubre a túa vocación e activa a túa creatividade.
Creación rede de contactos Emprego.

Este obradoiro impartirase no Edificio Multiusos Terra do Queixo, na Aula 4, o MERCORES 15 de outubro, ás 18:00 horas.

Os interesados/as poden anotarse na Oficina Municipal de Información Xuvenil do Concello de Arzúa ou chamando ao teléfono 981 81 52 97, antes do 13 de outubro.

PRAZAS LIMITADAS

Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on linkedin
LinkedIn
Share on pinterest
Pinterest
Share on whatsapp
WhatsApp
Share on email
Email
Sede Electrónica
Perfil do Contratante
Portal de Transparencia