Arzúa é terra do queixo destino verde de Galicia paso dos peregrin@s

O SNL do Concello de Arzúa oferta un curso de galego

O curso está orientado á preparación das probas Celga ou para aquelas persoas que queiran adquirir, actualizar ou mellorar os seus coñecementos de galego.

As clases comezarán no mes de xaneiro, e a matrícula xa está aberta.

O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Arzúa impartirá a partir do mes de xaneiro un curso gratuíto de galego de 60 h para persoas maiores de 16 anos. As clases están orientadas á preparación das probas de certificación de lingua galega Celga de todos os niveis, ou para aquelas persoas que queiran adquirir, actualizar ou mellorar os seus coñecementos de galego.
As aulas impartiranse durante dous días á semana, preferiblemente en horario de mañá (aínda por determinar). As prazas son limitadas, e a matrícula xa está aberta. As persoas interesadas pódense informar e inscribir ata o 28 de decembro no SNL do Concello (Casa do Concello 2º andar), a través do correo-e isabel.figueira@arzua.gal ou chamando ao 981 500 000 Ext. 119 en horario de 9.00 a 14.00 h.

Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on linkedin
LinkedIn
Share on pinterest
Pinterest
Share on whatsapp
WhatsApp
Share on email
Email
Sede Electrónica
Perfil do Contratante
Portal de Transparencia