Arzúa é terra do queixo destino verde de Galicia paso dos peregrin@s

O prestixioso violonchelista americano Dane Johansen actuará en Arzúa

CONCERTO DANE JOHANSEN EN ARZÚA

Os veciños e veciñas de Arzúa disporán dunha oportunidade única para desfrutar en directo dun concerto do recoñecido violonchelista americano Dane Johansen. Segundo informa o Departamento de Cultura do Concello de Arzúa, o prestixioso violonchelista está percorrendo o Camiño de Santiago levando o seu violonchelo ás costas e fará parada en Arzúa mañá xoves, ar ao público cunha das súas actuacións na Capela da Madanela.

Co propósito de interpretar as Seis Suites de Bach para violonchelo solista en igrexas antigas durante o itinerario, estará na nosa vila acompañado dun equipo de profesionais creando unha película que explora a peregrinación polo Camiño e as historias atopadas nel.

Será ás sete da tarde deste xoves cando Dane Johansen ofreza o seu recital aberto ao público despois de actuar por todo o mundo como solista e músico de cámara; actúa frecuentemente como artista da Sociedade de Música de Cámara do Lincoln Center, é membro do Cuarteto Escher String e foi calificado de músico ‘virtuoso e valente’ polo New York Times.

Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on linkedin
LinkedIn
Share on pinterest
Pinterest
Share on whatsapp
WhatsApp
Share on email
Email
Sede Electrónica
Perfil do Contratante
Portal de Transparencia