Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

O goberno local acondiciona o camiño do Fervedoiro, en Vilantime, para facilitarlle aos veciños a comunicación entre Arzúa e Santiso

pista fervedoiro

O alcalde de Arzúa adoptou esta decisión, na que se investiron 34.000 euros, ante a demora da Xunta de Galicia e da Deputación Provincial na reconstrucción da Ponte da Regada

O alcalde de Arzúa, José Luis García, seguiralle esixindo á Consellería de Medio Rural e á Deputación Provincial que axilicen as obras de reconstrucción da Ponte de Regada unha vez que acaban de dar comezo as actuacións de rehabilitación desta infraestructura, derruída hai xa máis de nove meses como consecuencia do forte temporal de vento e choiva que azotou a comarca a finais do mes de xaneiro deste ano.

Dende aquela foron numerosas as xestiós levadas a cabo polo alcalde de Arzúa xunto co seu homólogo de Santiso, os dous concellos afectados, na procura dunha solución que permitira acondicionar a ponte o máis rápido posible: solicitaron financiación da administración autonómica e provincial e comprometéronse a asumir os custes do IVE das obras; máis incluso, ambas entidades locais comprometéronse a adiantar os cartos que debe sufragar a Deputación Provincial mentres ésta non dispuxese da partida presupostaria para tal fin. Despois de todo isto e agora que acaban de dar comezo as actuacións, o alcalde agarda que a súa execución non se demore demasiado e esixe premura xa que os nosos veciños e veciñas levan meses agardando unha solución.

Mentres a reconstrucción da ponte non é definitiva e co propósito de facilitarlle aos veciños a comunicación entre ambos concellos, o alcalde de Arzúa optou por acondicionar, con fondos propios do concello, un camiño que comunica a parroquia de Vilantime, en Arzúa, coa parroquia de San Román, no concello de Santiso.  O goberno local invertiu un total de 34.000 euros no coñecido como o Camiño do Fervedoiro, que dende o derrube da ponte é a vía máis empregada polos veciños para a comunicación entre ambos concellos.

O concello de Arzúa contratou á empresa Leonardo Miguélez para a mellora  deste camiño, as obras a día de hoxe xa están rematadas e os veciños poden circular pola vía con total seguridade.

O alcalde de Arzúa, José Luis García, sinalaba esta mañá que “dende o concello seguiremos esixindo á Xunta e á Deputación que cumpran os seus compromisos e que axilicen as obras de reconstrucción da ponte o máximo posible para que os nosos veciños non sigan padecendo os graves perxuízos que lles conlevou a demora no arranxo da ponte”

José Luis García explicaba ademais que “dende o concello optamos polo acondicionamente do camiño do Fervedoiro que, aínda que non é a solución definitiva, polo menos facilítalle as cousas aos nosos veciños mentres non finalizan as obras de rehabilitación da ponte da Regada”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Email