Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

O concurso de fotografía sobre o Camiño de Santiago “Arzúa Camiña” xa ten os seus premiados

O concurso de fotografía sobre o Camiño de Santiago “Arzúa Camiña” xa ten os seus premiados

O Concello de Arzúa convocou un concurso de fotografía coa finalidade de poñer en valor o Camiño de Santiago ao seu paso por Arzúa, así como os recursos turísticos do municipio a través de imaxes fotográficas con motivo do Xacobeo 2021. O prazo para participar neste certame estivo aberto durante un mes e rematou o pasado día 30 de outubro.
Unha vez rematado o prazo de presentación de propostas, o xurado integrado por membros do Concello e por profesionais relacionados coa temática do concurso valorou as cincuenta e sete propostas presentadas centrándose na calidade técnica e artística e na capacidade que teñen para comunicar visualmente e promover os obxectivos indicados. O xurado estivo composto por Ramón Roldán (consultor de comunicación), Begoña Balado (Concelleira de Turismo), o fotógrafo Jose Manuel García e Marcos Pampín (técnico do Departamento de Cultura) que actuou como secretario, con voz pero sen voto.
Despois das valoracións e puntuacións, tal e como recollían as bases do concurso, as seguintes doce imaxes resultaron elexidas como gañadoras:

1 premio de 50 euros para a fotografía n.º 40 “Parada na Igrexa de Santiago” de Carmen Duro Barrán

1 premio de 50 euros para a fotografía n.º 18 “Selfie no Iso” de Héctor Romero Martínez

2 premios de 50 euros cada un para as fotografías n.º 12 “Chegando a Ribadiso” e n.º 11 “Carballeira e ermida da Mota desde o ceo” de Jorge Lama Varela

1 premio de 50 euros para a fotografía n.º 55 “Paisaxes no Camiño” de Daniel Fernández Codesido

1 premio de 50 euros para a fotografía n.º 46 “Entre paseos e viaxes” de Patricia Regueiro Varela

2 premios de 50 euros cada un para as fotografías n.º 34 “Non pases sen probalo” e n.º 35 “Ás portas da capela” de María Yolanda Aguión Andrade

1 premio de 50 euros para a fotografía n.º 21 “Arco da vella no Camiño” de José Carlos Lozano Casado

1 premio de 50 euros para a fotografía n.º 37 “Arzúa, fin de etapa” de Guadalupe Mariño Barreiro

1 premio de 50 euros para a fotografía n.º 31 “Percorridos lumínicos” de Susana Seijo Duro

1 premio de 50 euros para a fotografía n.º 16 “Entre o natural e o espiritual” de Elena Salgado Mariñán.

Estas fotografías elexidas formarán parte do calendario para o ano 2021 que elaborará o Concello de Arzúa e recibirán un premio dotado de cincuenta euros cada unha. Todas as propostas presentadas pódense ver no facebook do Departamento de Cultura do Concello de Arzúa.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Email