Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

O Concello pon en marcha a campaña “Arzúa, a túa tenda” para a reactivación do comercio e da hostalaría local

En colaboración coa AECA emitiránse bonos que os veciños destinarán ás compras nos establecementos do municipio

Arzúa, 5 de xaneiro de 2020.- O concello de Arzúa vén de asinar un convenio de colaboración coa AECA (Asociación de Empresarios da Comarca de Arzúa) para a xestión da campaña “ARZÚA, A TÚA TENDA”, unha iniciativa destinada a reactivar e fomentar a economía local mediante a emisión de bonos para o consumo no municipio.
Apoiar o desenvolvemento local e reducir os efectos da crise no sector comercial e hostaleiro é o obxectivo desta campaña, que o concello de Arzúa desenvolve mediante a emisión duns bonos por importe de 50 euros ( 30 euros será o custe de adquisición para os veciños e veciñas e 20 euros que sufragará o propio concello) para realizar compras directas nos establecementos que se adhiran á campaña.
As persoas do sector do comercio e da hostalaría do municipio interesados en participar na iniciativa deben poñerse en contacto coa AECA para xestionar a súa adhesión a dita campaña. Como entidade colaboradora a AECA xestionará as citadas subvencións e asesorará aos interesados na súa tramitación.
O concello de Arzúa e a AECA anunciarán a través da radio local e das súas respectivas redes sociais do momento no que os veciños e veciñas de Arzúa poderán comezar a adquirir, na sede da asociación de empresarios, as tarxetas bono para gastar nos establecementos que se adhiran á campaña “ARZÚA, A TÚA TENDA”.
O prazo para gastalos abranguirá ata o día 12 de marzo de 2021 e será compatible co período de rebaixas. Así se ideou para apoiar ao tecido empresarial nestes primeiros meses do ano, nos que ademais da costa de xaneiro, nos enfrontamos a datas complicadas como consecuencia da pandemia do COVID-19.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Email