Arzúa é terra do queixo destino verde de Galicia paso dos peregrin@s

O Concello de Arzúa reparte entre os veciños e veciñas o calendario do ano 2018

O Concello de Arzúa reparte  entre os veciños e veciñas o calendario do ano 2018

O Departamento de Cultura do Concello de Arzúa informa que nos vindeiros días repartirase entre os veciños e veciñas o calendario para o ano 2018 de forma gratuíta.
Coincidindo coa Feira de Nadal, este xoves 22 de decembro, farase o primeiro reparto dos calendarios entre os asistentes ao recinto feiral a partires das once da mañá; nos vindeiros días farase unha nova quenda por diversos locais de Arzúa e tamén polas parroquias.
Os veciños e veciñas que residan no casco urbano poderán recoller o novo almanaque na Casa do Concello, na Oficina de Cultura e Deportes e na Biblioteca Municipal. E, ademais, nos seguintes establecementos hostaleiros que colaboran cada mes colocando os carteis da programación cultural: Bar Pedrito, Casa Nené, Bar Praza, Parrillada Europa, Bar Ameixa, O de Mario, O Furancho de Santiso, Bar Karper, Sole City, A Queixeira de Arzúa, Bar Luis, Bar Manolo e Café Teatro. Estarán dispoñibles, tamén, no Centro de Saúde e Piscina climatizada.
Os veciños das parroquias poderán recollelo nos bares e tabernas correspondentes ou, onde non os haxa, na Igrexa parroquial ou contactando co correspondente alcalde pedáneo.
Os calendarios compóñense de doce láminas mensuais e unha portada adicadas este ano a promover a sensibilización e concienciación medioambiental. Cada folla permitiranos, ademais de mirar os días festivos ou as lúas correspondentes a cada mes, observar as doce imaxes que resultaron premiadas do concurso de fotografía “MellorArzúa” que convocou este Concello.

Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on linkedin
LinkedIn
Share on pinterest
Pinterest
Share on whatsapp
WhatsApp
Share on email
Email
Sede Electrónica
Perfil do Contratante
Portal de Transparencia