Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

O Concello de Arzúa recupera o labor didáctico de Preescolar na casa

ADXUDICACION

FORMALIZACIÓN

 

CONCELLO DE ARZÚA. OUTUBRO 2015

CHARLA INFORMATIVA SOBRE XÓVENES CON CANCRO

Xoves 8. Ás 18:00h na Casa da Cultura.

Organiza: Asociación española de adolescentes y adultos jóvenes con cáncer (AAA).

 

XXVI FESTIVAL INTERNACIONAL DE MÚSICA DE PULSO E PÚA

Sábado 10. Actuación Musical de ENSAMBLE MAMO & JOUNI KOSKIMÄKÏ (Finlandia), ás 20:00h na Capela da Madalena.

 

9º CICLO DE TEATRO NO OUTONO

Domingo 11. PACO NOGUEIRAS con “Brinca Vai! De aquí a acolá”, ás 18:00h na Casa da Cultura de Arzúa (espectáculo infantil).

Domingo 18. DABOAPIPA con “Historias da vida, guerra, amor e case morte”, ás 18:00h no Local social de Viladavil.

Domingo 25. O ATURUXO DE MELPÓMENE con “Desencaixados. Esperpéntica crise”, ás 18:00h na Casa da Cultura de Arzúa.

 
Espazos das familias

O goberno municipal acordou, ademais,subvencionar o servizo de madrugadores no Colexio Público de Educación Infantil e Primaria de Arzúa e ofertar actividades extraescolares

O Concello de Arzúa ten previsto acoller a partir do mes de outubro o labor educativo, lúdico e didáctico  infantil e familiar desenvolvido pola asociación Antonio Gandoy. Dita asociación ten como misión principal preservar, difundir e dar continuidade ao labor socioeducativo desenvolvido por Preescolar na casa.

A nova actividade chamada Espazos das Familias constitúe un lugar e un tempo de encontro para a formación de nais e pais con nenos e nenas de 0 a 3 anos e tamén de futuros pais e nais.

Os profesionais da Asociación Socio-educativa Antonio Gandoy (mestres, pedagogos e psicólogos con ampla traxectoria educativa en Preescolar na Casa) deseñan actividades dirixidas a reforzar as competencias parentais, así como a dar resposta ás diferentes necesidades das nenas e dos nenos.

O lugar no que se desenvolverá o programa será a Aula multifunción (coñecida como Ludoteca) situada na planta baixa do edificio sociocultural María Mariño, ao carón do Club de Xubilados. As sesións, cunha periodicidade semanal, desenvolveranse nas tardes dos xoves e serán dunha hora e media de duración. A continuación desta sesión, as familias disporán dun tempo individual para aclarar dúbidas mediante unha titoría concertada.

Todas aquelas persoas que estean interesadas en participar desta iniciativa ou que precisen resolver calquera dúbida pódense poñer en contacto co teléfono 686 446 838 ou asistir a unha reunión o xoves, 1 de outubro, ás 16:30 horas no lugar indicado. O prezo para participar no Espazo das familias de Arzúa será de 15 euros mensuais por familia, cuota reducida grazas á colaboración do Concello.

A Asociación Socioeducativa Antonio Gandoy constitúese en febreiro de  2013, co fin de continuar co traballo desenvolvido durante 35 anos por Preescolar na casa.  Décadas de traballo a prol da infancia, das familias  e da cultura galega dende unha intervención educativa coa familia, orixinal e integradora.

 

SERVIZO DE MADRUGADORES NO CEIP

O esforzo do goberno municipal de Alternativa por Arzúa no eido educativo refórzase ademais coa colaboración que dende o Concello se lle vai prestar ao Colexio Público de Educación Infantil e Primaria subvencionando o servizo de madrugadores, que empezará a funcionar no centro educativo a partir do vindeiro mes de novembro. Trátase dunha iniciativa moi importante que permitirá ás familias con nenos e nenas matriculados no centro escolar que poidan deixar aos seus fillos no colexio dende primeria hora da mañá, facilitándolle así aos seus proxenitores a conciliación da súa vida familiar e laboral.

Ademais, dado que o CEIP conta cun novo horario -que é só de mañá os mércores, xoves e venres-, o Concello, estes tres días, ofrecerá en horario de tarde tenis e minibasket para os nenos e nenas.

 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Email