Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

O Concello de Arzúa realiza unha exitosa campaña de recollida de plásticos agrícolas que alcanza os 40.000 kgs

O servizo de mantemento do Concello de Arzúa vén de realizar unha nova recollida de plásticos agrícolas polas diferentes parroquias do Concello, a segunda que se realiza este ano tras a do pasado mes de marzo e unha das máis exitosas de todas as que se levan feito. A recollida corresponde aos plásticos acumulados durante os 6 últimos meses, alcanzando as 40 toneladas.

Os plásticos que provisionalmente se depositaron ao carón do punto limpo, no parque empresarial, para a súa posterior recollida e tratamento nun centro autorizado,  alcanzan aproximadamente os 40.000 kgs; unha cifra que iguala a cantidade da primeira recollida efectuada no pasado mes de marzo e que supera as realizadas en edicións anteriores, cando en cada quenda se adoitaban recoller ao redor de 30 toneladas.

Nesta ocasión as cifras poñen de manifesto a utilidade deste servizo para os veciños e veciñas da zona rural que cómodamente se poden desprender dun material que lles resulta inservible, esta recollida coincide ademais coa época na que se remata o consumo dos silos da tempada anterior, o que implica a acumulación de plástico agrícola en todas as explotacións gandeiras.

É de reseñar que os servizos municipais teñen establecidos uns horarios de recollida concretos en cada parroquia, onde os cidadáns deben depositar os plásticos o máis limpo posibles e atados para facilitar así o labor dos operarios. Segundo os datos facilitados pola persoa encargada do servizo, nesta ocasión houbo parroquias como a de Burres ou Rendal a onde o camión da recollida se tivo que desprazar ata tres veces para transportar todo o plástico que os veciños almacenaran no lugar indicado polo Concello.

Dende o Goberno Municipal, o alcalde da localidade, José Luis García, amosaba a súa satisfacción cos resultados obtidos na segunda recollida que se efectua este ano xa que indican que “se trata dun servizo moi agradecido polas persoas que viven nas parroquias e que fundamentalmente se adican ás labores agrarias e gandeiras que atopan unha maneira moi cómoda e doada de desprenderse dun material que xa non lles reporta ningunha utilidade”. O alcalde sinalou ademais que o éxito do servizo está, precisamente, en que “se lle ofrece aos veciños e veciñas das parroquias que son as que nun momento determinado poden ter maiores dificultades de desprazamento á hora de trasladar este material ata o punto limpo, onde tamén se recolle o plástico no horario de apertura do recinto”.

O punto limpo é un centro de achega voluntaria daqueles residuos que non son obxecto de recollida diaria do servizo municipal e que poden entrar nos circuítos de reutilización e reciclaxe; en Arzúa presta servizo os luns, mércores e venres en horario de 10 ás 14 horas e os sábado das 10 ás 18 horas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Email