Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

O Concello de Arzúa presentou oficialmente a celebración da 4ª Edición de ‘Arzúa Vende’

Cartel Arzúa Vende 2015 - Concello de Arzúa

Arzúa celebrará a cuarta feira de artigos de segunda man e artesanía o vindeiro sábado día dous de maio.

O Concello de Arzúa organiza para o sábado día dous de maio a cuarta feira de artigos de segunda man e artesanía.

A cita, que leva o nome de ‘Arzúa Vende’, volve este ano despois do éxito de participación e de vendas acadado nas tres edicións anteriores. O evento consolídase como un gran espazo de compra e venda de artigos de segunda man e obxectos de artesanía.

A cita manterá o horario de once da mañá a oito do serán, realizarase no Recinto Feiral Terra do Queixo e ofertará actividades e servizos complementarios como obradoiros, exposicións, actuacións e actividades infantís. Ademais, cabe salientar que, de novo, tanto as inscricións para expositores como a entrada ao público e participación nas actividades serán de balde.

A feira contará de novo con tres zonas: unha para artigos de segunda man, outra destinada a artesanía e un terceiro apartado para roupa, calzado e complementos.

Para poder reservar un posto e vender é obrigtorio anotarse previamente no Departamento de Cultura do Concello de Arzúa ou chamando aos teléfonos 981 500 222 ou 981 815 297 do 7 ao 24 de abril.

Dende a organización, aproveitan para informar que nos vindeiros días darase a coñecer toda a programación da feira.

Descargar FICHA DE INSCRICIÓN

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Email