Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

O Concello de Arzúa organiza con SEDRA o obradoiro gratuíto “Encantada de coñecerme”

O Concello de Arzúa organiza con SEDRA o obradoiro gratuíto “Encantada de coñecerme”

O Centro de Información ás Mulleres do Concello de Arzúa e a Federación de Planificación Familiar SEDRA desenvolverán un novo obradoiro presencial sobre autocoñecemento e saúde sexual dirixido a mulleres a partir de 45 anos.

Estes obradoiros están dirixidos a crear espazos de ensino e aprendizaxe grupal sobre a sexualidade e a saúde sexual, en relación aos seus aspectos físicos, biolóxicos e sociais.

Estes talleres terán como obxectivo aumentar os coñecementos das participantes en conexión coas súas propias vivencias; dar resposta ás súas inquietudes, normalizar diferentes situacións, e ofrecer unha base común que lles permita tomar decisións autónomas sobre a súa sexualidade e relacións, en base ao seu propio marco de valores.

Así mesmo, os talleres permitirán mellorar as súas actitudes cara á sexualidade, entendéndoa como unha dimensión humana fundamental, como unha realidade diversa e como un valor; e mellorará as súas habilidades de comunicación e negociación.

Desta forma, contribuirase a un maior benestar por parte das mulleres, a unha maior prevención de riscos e, en definitiva, a un maior grao de saúde sexual. Os talleres suporán, ademais, un espazo de encontro que permita a posta en común de opinións e vivencias e, en moitas ocasións, a axuda mutua que redunda tanto na adquisición de habilidades por parte das mulleres, como na creación de redes de apoio.

Os contidos son:

• Concepto de sexualidade, saúde sexual e outras cuestións afíns.
• Autoestima e benestar.
• Momentos vitais clave.
• Entre a pel e a cultura; o sistema sexo-xénero.
• Anatomía e fisioloxía da sexualidade, a erótica e a reprodución.
• Hixiene e coidados. Maternidade.
• Prácticas conceptivas, aconceptivas e métodos anticonceptivos.
• Prevención de infeccións de transmisión xenital, buco-xenirtal e VIH.
• Relacións de parella. Mitos relacionados co amor romántico. Roles de xénero.
• Creación de relacións positivas e saudables.
• Sistema normalizado de atención á saúde. Recursos de proximidade.

O obradoiro constará de dúas sesións que se impartirán os mércores 2 e 9 de novembro na Aula Multiusos de Edificio Sociocultural María Mariño.

A inscrición, que é gratuíta, debe formalizarse no Centro de Información ás Mulleres do Concello de Arzúa (Rúa Santiago, 2) ou chamando ao 981 501 101. As prazas son limitadas e o prazo para anotarse remata o 31 de outubro.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Email