Arzúa é terra do queixo destino verde de Galicia paso dos peregrin@s

O Concello de Arzúa convoca o Concurso de Carrozas, Comparsas e Disfrace Infantil.

O Concello de Arzúa convoca o Concurso de Carrozas, Comparsas e Disfrace Infantil.

Co gallo do Entroido 2013 o Departamento de Cultura do Concello de Arzúa organiza un desfile para o domingo 10 de febreiro ás 17:00 horas no Recinto Feiral “Terra do Queixo” de Arzúa. Para fomentar a participación convócase un ano máis o tradicional concurso de carrozas, comparsas e disfrace infantil cun total de dous mil euros en premios para repartir entre as tres modalidades.

O obxecto do concurso é celebrar a festa tradicional e popular do Entroido, fomentar a participación dos veciños e veciñas e recuperar e preservar a nosa cultura.

Para participar no concurso hai que inscribirse previamente no Departamento de Cultura do Concello de Arzúa ou chamando ao 981 500 222 antes do día 8 de febreiro ás 15:00 horas. Para os participantes da modalidade de disfrace infantil non é necesaria a súa inscrición previa xa que se fará o mesmo día media hora antes de comezar o desfile (a partires das 16:30 horas). Poden solicitar máis información ou consultar as bases que rexen o concurso no Departamento de Cultura o una web arzua.gal.

A Concelleira de Cultura, Natalia Pereira, anima a participar a todos os veciños e veciñas tanto do noso concello como dos limítrofes, así como ás asociacións locais e comisións de festas “para fomentar o traballo en equipo e desfrutar da diversión que ofrece o Entroido”. Ademias aproveita para anunciar que nos próximos días darase a coñecer a programación completa con catro días de actividades de ocio para todos e todas.

BASES CONCURSO ENTROIDO 2013

Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on linkedin
LinkedIn
Share on pinterest
Pinterest
Share on whatsapp
WhatsApp
Share on email
Email
Sede Electrónica
Perfil do Contratante
Portal de Transparencia