Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

NOTA INFORMATIVA – PROXECTO DE REURBANIZACIÓN II FASE RÚA FRAGA DO REI

NOTA INFORMATIVA

PROXECTO DE REURBANIZACIÓN II FASE RÚA FRAGA DO REI

Arzúa reurbanizará a rúa Fraga do Rei nunha segunda fase que abranguirá dende o treito xa finalizado ata o enlace coa avenida de Lugo.

O goberno municipal, Alternativa por Arzúa e PSdG-PSOE, decidiu someter o proxecto de mellora e acondicionamento á aprobación do Pleno, na sesión celebrada o pasado 30 de setembro. O proxecto, que conta cun orzamento 526.091 euros, foi aprobado grazas ao compromiso do goberno local, non contando cos votos favorables nin do Partido Popular nin do Bloque Nacionalista Galego.

Esta segunda fase de reurbanización seguirá directrices similares ás executadas no tramo de rúa xa finalizado, priorizaranse os criterios técnicos encamiñados a mellorar a funcionalidade da rúa e a seguridade viaria da mesma, cumprindo en todo momento coa lexislación en materia urbanística.

Todas as persoas interesadas en coñecer o proxecto, poden consultar os planos nesta entrada da páxina web municipal. Se alguén precisa máis información ou necesita consultar algunha dúbida terá á súa disposición o persoal das oficinas do Departamento de Urbanismo Municipal.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Email