Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

Listo para repartir entre os veciños e veciñas de Arzúa o calendario 2017 que elabora o Concello

Listo para repartir entre os veciños e veciñas de Arzúa o calendario 2017 que elabora o Concello

O Departamento de Cultura do Concello de Arzúa agasallará nos vindeiros días aos veciños e veciñas do municipio co calendario para o ano 2017.

Coincidindo coa Feira de Nadal, mañá xoves 22 de decembro, farase o primeiro reparto dos calendarios entre os asistentes ao recinto feiral a partires das once e media da mañá e nos vindeiros días farase unha nova quenda por diversos locais de Arzúa e polas parroquias.

Os veciños que residan na propia vila de Arzúa poderán recoller o novo almanaque na Casa do Concello, Oficina de Cultura e Deportes e Biblioteca Municipal. E, ademais, nos seguintes establecementos hostaleiros que colaboran cada mes colocando os carteis da programación cultural: Bar Pedrito, Casa Nené, O Rueiro, Bar Praza, Bar Nebraska, Parrillada Europa, Bar Ameixa, O de Mario, O Furancho de Santiso, Bar Karper, Bodegón O Lar, A Queixeira de Arzúa, Confitería La Esquina, Bar Luis, Bar Manolo e Café Teatro. Tamén estarán dispoñibles no Centro de Saúde.

Os veciños das parroquias poderán recollelo nos bares e tabernas correspondentes ou, onde non os haxa, na Igrexa parroquial ou contactando co correspondente alcalde pedáneo.

Os calendarios son de doce láminas mensuais e unha portada adicadas este ano a promocionar as feiras quincenais de Arzúa. Cada folla permitiranos, ademais de mirar os días festivos ou as lúas correspondentes a cada mes, observar as doce imaxes que resultaron premiadas do primeiro concurso de fotografía “Ven ás feiras do 8 e 22” que convocou este Concello coa finalidade de promocionar as feiras tradicionais do noso municipio a través de imaxes fotográficas que representan a súa singulariedade e o seu atractivo.

 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Email