Arzúa é terra do queixo destino verde de Galicia paso dos peregrin@s

Información de convocatoria de axudas á cultura da Xunta de Galicia

O Departamento de Cultura do Concello de Arzúa informa que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia abre o prazo de solicitude de subvencións a Concellos de Galicia e entidades para o equipamento e mellora das instalacións e locais utilizados para a realización de actividades culturais. As bases reguladoras para a concesión de axudas foron publicadas no Diario Oficial de Galicia (DOG) número 103 con data 31 de maio de 2013.

  • As actividades obxecto de subvención serán as seguintes: realización de investimentos de equipamento escénico, iluminación e son, equipamento audiovisual, xeral da sala, sistemas de prevención de seguranza e novas tecnoloxías, así como accións encamiñadas á mellora da accesibilidade e supresión de barreiras arquitectónicas.
  • Cada entidade beneficiaria poderá recibir unha axuda máxima de ata o 75% do orzamento total da actividade solicitada. En todo caso, o importe máximo destas subvencións será de 50.000 euros por beneficiario e, posteriormente, deberase xustificar a contía total do proxecto independentemente da cantidade subvencionada pola Xunta de Galicia.
  • O prazo para presentar solicitudes remata o 30 de xuño.
  • As bases e instancias están a disposición dos interesados no Departamento de Cultura do Concello, sito na rúa Padre Pardo 33, 1º andar, en horario de 8:30 a 15:00 horas ou na páxina oficial da Xunta (www.xunta.es). Poden consultar calquera dúbida tamén no teléfono 981 500 222 e no enderezo electrónico cultura@arzua.gal.
Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on linkedin
LinkedIn
Share on pinterest
Pinterest
Share on whatsapp
WhatsApp
Share on email
Email
Sede Electrónica
Perfil do Contratante
Portal de Transparencia