Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

Imaxe anunciadora e promocional da 38ª edición da Festa do Queixo

‘Os ingredientes da festa’ -nº 71- gaña o concurso de carteis da Festa do Queixo de Arzúa.
Será a imaxe anunciadora e promocional da 38ª edición.

Arzúa, 17/12/12. Organización. Descarga aquí NP_17.12.12resultados_concursocarteis_festaqueixo.

Hoxe tivo lugar na Capela da Madalena de Arzúa ás 14h a elección dos gañadores do

CONCURSO DE CARTEIS ANUNCIADORES da 38ª Festa do Queixo de Arzúa 2013. Desde a organización queremos agradecer a gran participación rexistrada nesta 38ª edición. Recibíronse 126 propostas chegadas das catro provincias galegas, do resto do Estado e tamén de Portugal, número que supón a segunda marca histórica de participación do evento.

Imaxe anunciadora e promocional da 38ª edición da Festa do Queixo

Logo das deliberacións, o xurado concedeu un total de 9 puntos e o 1º PREMIO á peza nº 71 titulada “OS INGREDIENTES DA FESTA” de Aitor Martín Castro, 29 anos (Pantiñobre, Arzúa) deseñador gráfico. Esta obra será o cartel anunciador da 38ª edición da Festa do Queixo. O xurado coincidiu que coa lenda que acompañaba ao cartel: ‘son moitas as actividades do programa da Festa do Queixo. Diversos iconos que representan esas e outras actividades e aspectos relacionados coa nosa cultura e idiosincrasia, completan o debuxo dun queixo de Arzúa, o verdadeiro e máis importante protagonista da festa’.

PREMIOS: o certame outorga 1.000 euros en premios, cunha unha dotación económica de 600, 300 e 100 euros para o 1º, 2º e 3º premio, respectivamente e o da votación popular, que recibe un agasallo especial. Ademais, fins semana e xantares en aloxamentos de turismo rural, queixos Arzúa-Ulloa, lotes de produtos da festa.

RESULTADOS FINAIS E GAÑADORES

1º premio: 600 EUROS +1 fin semana turismo rural 2 pax.+ lote produtos “Festa do Queixo” + queixo D.O.P. Arzúa-Ulloa
CARTEL Nº: 71

• Título obra: os ingredientes da festa
• Autor/a: Aitor Martín Castro
• Idade/profesión: 29 anos / deseñador gráfico
• Procedencia: Pantiñobre, Arzúa (A Coruña)

2º premio: 300 EUROS + 1 xantar turismo rural 2 pax.+ lote produtos “Festa do Queixo” +queixo D.O.P. Arzúa-Ulloa
CARTEL Nº: 67

• Título obra: tanto gusto
• Autor/a: Ángela Búa Lafuente
• Idade/profesión: 27 anos /creativa, deseñadora e ilustradora
• Procedencia: Caldas de Reis (Pontevedra)

3º premio: 100 EUROS + lote produtos “Festa do Queixo” + queixo D.O.P. Arzúa-Ulloa
CARTEL Nº: 50

• Título obra: líneas
• Autor/a: Héctor Calaza de Diego
• Idade/profesión: 26 / creativo publicitario
• Procedencia: Mera, Oleiros ( A Coruña)

4º premio: AGASALLO ESPECIAL”FESTA DO QUEIXO” + lote produtos “Festa do Queixo” + queixo D.O.P. Arzúa-Ulloa
Elixido en votación popular o domingo 16 de decembro
CARTEL Nº: 12

• Título obra: o queixo cantareiro
• Autor/a: Laura Meijide Cea
• Idade/profesión: 26 / mestra
• Procedencia: Arzúa (A Coruña)

As distintas pezas foron realizadas por persoas de todas as idades en diferentes técnicas (dixitais, óleos, collages…). Ademais destas 126 propostas válidas, quedaron excluídas do concurso varias pezas por non axustarse ás medidas das bases.

O xurado designado pola Asociación para a Promoción da Festa do Queixo estivo formado por:
• Natalia Pereira, concelleira de Cultura e presidenta da Asoc. para a Promoción da Festa do Queixo
• Óscar Pérez, director-xerente do C.R.D.O.P. Arzúa-Ulloa
• Cristina Castro, concelleira PP de Arzúa e vogal da Asoc. para a Promoción da Festa do Queixo
• Begoña Valado, concelleira PSOE de Arzúa e vogal Asoc. para a Promoción da Festa do Queixo
• Alberto Alfonso, produtor do Festival do Queixo
• Jose Ramón Bernárdez, resp. do concurso Queixo Maquetón – Radio Arzúa
• Ramón Roldán, consultor de rr.pp. resp. de comunicación da Festa do Queixo

Os 4 orixinais premiados e os seus dereitos de imaxe pasarán a ser propiedade do Concello de Arzúa. Os orixinais non premiados poderán recollerse Oficina da Concellaría de Cultura ata 60 días despois da celebración do evento.
Todas as pezas serán expostas na Capela de Madanela do 14/12/12 ao 14/01/13 (19-21h) e durante as datas da festa. A elixida como 1º premio será o cartel anunciador da 38ª edición. A entrega de premios incluirase no acto inaugural da Festa do Queixo (02/03/13).

ENTREGA DE PREMIOS
A entrega de premios incluirase no Programa de Actos da Inauguración da 38ª Festa do Queixo, o sábado 2 de marzo de 2013 ás 13h. no recinto feiral Terra do Queixo de Arzúa. A Festa do Queixo de Arzúa é cada día máis un referente a nivel galego e estatal. Reiteramos o noso agradecemento a todos os participantes, así como a todas as empresas e persoas relacionadas co evento.

Grazas pola vosa difusión, recibide un cordial saúdo,
Organización

+info
web festa: www.festadoqueixo.org
blog: www.festadoqueixo.blogspot.com
facebook: www.facebook.com/festadoqueixo
twitter: www.twitter.com/festaqueixo
web concello: arzua.gal

contacto
organización/rr.pp: info@festadoqueixo.org – 658811400 (Ramón Roldán)
oficina da Concellaría de Cultura: 981500222 (Marcos Pampín)

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Email