Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

III Feira do Libro: Prazo de inscrición para expositores

feira do libro de Arzúa

Arzúa celebra a terceira edición da Feira do Libro o sábado 4 de abril no casco histórico da vila.

O Departamento de Cultura do Concello de Arzúa organiza a terceira edición da Feira do Libro co obxecto de promover o hábito lector e a dinamización cultural e comercial do casco histórico da vila.

A cita celebrarase o sábado 4 de abril na rúa Cima do Lugar en horario de 11:00 a 20:00h. Se o tempo non acompaña, o mercadiño instalarase no Multiusos Terra do Queixo.

Poderán participar na feira todas as persoas interesadas, maiores de idade, que queiran expoñer e vender os seus produtos. Os artigos que se poderán vender son: libros, revistas, coleccionables, cómics, xoguetes educativos, discos de vinilo, CDs e cassetes, orixinais, novos, de segunda man ou descatalogados. Tamén se aceptan artigos de papelería, deseño gráfico e creacións artísticas. Cada posto deberá expoñer obrigatoriamente artigos de lectura.

As prazas son limitadas e a ocupación dos postos cubrirase por rigorosa orde de inscrición, con preferencia das persoas que, cumprindo os requisitos, estean empadroadas no municipio.

O mercado terá carácter gratuíto tanto para expositores como para visitantes. O Concello de Arzúa porá a disposición de cada participante un espazo dun máximo de 6 metros lineais para colocar o seu propio posto ou as mesas solicitadas previamente.

Para participar é preciso achegar a solicitude presencialmente no Departamento de Cultura ou por correo electrónico ao enderezo cultura@concellodearzua.com. O prazo de presentación de solicitudes é do 16 ao 31 de marzo. Máis información no teléfono 981 500 222.

A selección dos postos admitidos será comunicada a través de correo electrónico o 1 de abril. O resultado tamén se publicará na páxina web e redes sociais do Concello de Arzúa.

A feira contará con actividades paralelas para atraer a máis público e que se darán a coñecer nos próximos días.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Email