Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

III Edición «Arte na rúa»

III Edición "Arte na rúa"

Dez artistas confirmaron a súa participación na terceira edición de Arte na rúa de Arzúa.

Despois de clausurar a cuarta edición de Bo camiño na Capela da Madanela con máis de mil visitantes baixo as normas sanitarias pertinentes, a arte en directo será a protagonista nos vindeiros días.

Mércores, 9 de setembro de 2020. O Departamento de Cultura do Concello de Arzúa organiza para este venres 11 de setembro, dentro da programación de verán e en colaboración con Sumarte, a actividade Arte na rúa.

Trátase dunha xornada na que pintores e escultores realizarán obras ao aire libre e en directo na contorna da Capela da Madanela, coincidindo co paso do Camiño Francés pola vila.

Nesta terceira edición confirmaron a súa participación un total de dez artistas, entre os que se atopan as arzuás Rebeca Novo e María José Plata.

As creacións artísticas inspiradas no Camiño de Santiago por Arzúa faranse de 10:30 a 13:30 da mañá e despois terá lugar un xantar de confraternidade.

Ás sete e media da tarde inaugurarase a mostra das obras realizadas na Capela da Madanela, con aforo limitado. A galería estará aberta do 14 ao 18 de setembro na Madanela en horario de sete a oito e media da tarde e nela poderemos ver tamén obras de artistas que participaron noutras edicións como Manolo Rivera, Isabel Alonso, Novais, Corín Cervera e Carlos Barcón.

Ademais, formarán parte desta exposición as esculturas de Violeta Bernardo, Xoan Vila, Tino Canicoba, Xesús Méndez, Luis de las Cuevas e Oscar Aldonza.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Email