Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

II Serán Cativo

II Serán Cativo

O Departamento de Cultura do Concello de Arzúa organiza para o vindeiro martes, día 31 de agosto, o segundo Serán cativo que pechará a programación cultural do mes de agosto.

Esta iniciativa volve despois da boa acollida que tivo na súa estrea no pasado verán do 2020. Trátase da celebración dun evento con obradoiros e actuacións de monicreques e música tradicional para público infantil e familiar que se desenvolverán durante toda a xornada.
Pola mañá, ás 12:00h do mediodía, terá lugar no Multiusos Terra do Queixo unha función de monicreques a cargo da compañía Títeres Cachirulo e o espectáculo Don Gaiferos e o dragón que narra as aventuras do famoso personaxe e dos seus acompañantes máis salientables do Camiño de Santiago. Esta función está incluída dentro do programa O Teu Xacobeo. Á mesma asistirán os participantes no programa de conciliación Xogarzúa e tamén poderá asistir calquera persona que o desexe reservando praza previamente no Departamento de Cultura chamando ao 981500222.
Pola tarde haberá un obradoiro de xogos tradicionais a partir das 18:00h e ás 19:30h representarase o espectáculo A formiga no carreiro da compañía Rilo & Penadique que ofrece ao público unha viaxe polas terras da Galicia, Portugal e do Brasil para contar, cantar, bailar e brincar cos contos da tradición oral e a música a partir das cancións do libro de Zeca Afonso para crianzas.
As actividades da tarde realizaranase na Praza de Galiza ou, en caso de mal tempo, no Multiusos Terra do Queixo e serán de acceso libre ata completar o aforo.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Email