Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

Finalizan as obras de acondicionamento do núcleo de Torneiros na parroquia da Mella

núcleo Torneiros

O alcalde de Arzúa, José Luis García, acaba de dar a coñecer a finalización das actuacións levadas a cabo no núcleo de Torneiros na parroquia da Mella.

As obras que foron adxudicadas á empresa Construccións Filloy remataron hai uns días, unha vez que o goberno municipal as incluira para a súa financiación no Plan de Obras e Servizos 2013 promovido pola Deputación Provincial.

As actuacións contaron cun orzamento de aproximadamente 20.000 euros que se destinaron ao adecentamento do núcleo, xa moi deteriorado. Os traballos executados consistiron na pavimentación de 200 metros de camiño a base de 15 cm de grava e posterior triple tratamento asfáltico. Procedeuse tamén á apertura de gabias, limpeza de salvagabias, canalización de varias taxeas e á execución de 137 metros de gabias revestidas de formigón, arquetas e sumidoiros para unha correcta drenaxe lonxitudinal e transversal.

Coa finalización desta actuación o alcalde de Arzúa cumpre un compromiso adquirido cos veciños desta zona que, en numerosas ocasións, teñen solicitado o adecentamento dunha área na que moitos veciños teñen as súas vivendas e tamén as súas explotacións agrícolas e gandeiras. José Luis García amosaba a súa satisfacción “por poder ir, pouco a pouco, atendendo as peticións dos nosos veciños que case sempre se refiren a actuacións que conlevan a mellora da súa calidade de vida”  e engadiu, ademais, que “os veciños do rural adoitan ser moi agradecidos con este tipo de actuacións xa que en ocasións levan anos agardando por elas e para nós é unha enorme satisfacción ir dandolle resposta a esas necesidades que responde ao interese xeral e son verdadeiramente necesarias”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Email