Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

Exposición «Bo Camiño». Quinta edición.

Exposición "Bo Camiño". Quinta edición.

Mañá martes, día 3 de agosto, terá lugar na Capela da Madanela de Arzúa a inauguración da mostra titulada Bo Camiño.

O Departamento de Cultura do Concello de Arzúa continúa desenvolvendo a programación cultural de verán co inicio das actividades organizadas para este mes de agosto.

Mañá martes abrirase a quinta edición da exposición colectiva e multidisciplinar Bo Camiño que se poderá visitar na Capela da Madanela. Máis de trinta artistas galegos plasman o seu punto de vista sobre o Camiño de Santiago a través das súas obras.

A exposición permanecerá aberta ata o 31 de agosto en horario de sete e a nove da tarde de martes a venres e o acto de apertura terá lugar mañá martes ás sete da tarde. Debido as condicións sanitarias e necesario confirmar asistencia no correo cristina.carballedo@gmail.com ou no telefono 630 28 59 20.

Nestra mostra poderase ver, entre outras obras, o alberge de Ribadiso de Antonio Abad, os peregrinos de Óscar Aldonza e Marcos Lopez, o Camiño Portugués de Isabel Alonso, os gaiteiros de Carlos Barcón, a peregrina de Violeta Bernardo, Montse Pernas e Margot Liñeira; a procesión a Compostela de Tino Canicoba e o camiño ao seu paso por Arzúa de Moisés Suarez, Maria Jose Plata, Mila Vázquez e Siilvática. A galería tamén conta coa participación de Rebeca Novo.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Email