Arzúa é terra do queixo destino verde de Galicia paso dos peregrin@s

Escolas deportivas e culturais 2021-2022

Escolas deportivas e culturais 2021-2022

O Concello de Arzúa presenta as actividades das escolas deportivas e culturais para o curso 2021-2022 adaptadas aos protocolos vixentes e abre prazo de inscrición.
Por unha banda, o Departamento de Deportes cotinúa apostando polas diferentes modalidades deportivas que veñen alcanzando un alto éxito de participación e satisfacción nos últimos anos. Así, este departamento municipal ofertará de novo Ximnasia para a terceira idade a partir dos 60 anos, Ioga para maiores de idade, e Tenis e Patinaxe a partir dos cinco anos. Completa esta oferta coa disciplina de Zumba para maiores de 18 anos.
Por outra banda, o Departamento de Cultura continúa coa actividade de Danza dende os 5 anos nas tardes dos xoves. Tamén continúan as clases de Pintura a partir dos 5 anos de idade.
O prazo para incribirse en calquera das actividades mencionadas será do 1 ao 15 de outubro na oficina de Cultura e Deportes situada na Rúa Padre Pardo, 33, 1º andar. Abrirase un segundo prazo do 18 de outubro ao 15 de novembro para cubrir posibles prazas libres.
Todas as actividades comezarán na segunda quincena de outubro e levaranse a cabo cumprindo os protocolos anti Covid-19. O seu desenvolvemento estará suxeito á evolución da pandemia.
Para máis información, poden chamar ao teléfono 981500222.

DESCARGAR CARTEL ACTIVIDADES 2021-2022

Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on linkedin
LinkedIn
Share on pinterest
Pinterest
Share on whatsapp
WhatsApp
Share on email
Email