Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

Entroido 2016: Concurso de disfraces

IMG_0288

ENTROIDO 2016

BASES DO CONCURSO DE DISFRACES

Co gallo do Entroido 2016 o Concello de Arzúa organiza un desfile o domingo 31 de xaneiro ás 17:00h no Recinto Feiral “Terra do Queixo” de Arzúa. Para fomentar a participación convócase un ano máis o tradicional concurso de disfraces de acordo coas seguintes bases:

PRIMEIRA. Para participar é obrigatorio inscribirse previamente podendo facelo:
– No Departamento de Cultura do Concello de Arzúa ou chamando ao 981500222 ata o 29 de xaneiro de 2015, en horario de 8:30 a 15:00h.
– No Recinto Feiral “Terra do Queixo” o mesmo día do concurso de 15:30 a 16:30 horas, como mínimo media hora antes de comezar o desfile.
No momento da inscrición deberase indicar o número de compoñentes e o lema para a identificación. O día do desfile, o lema deberá ir en cartel ou bandeirola situado nun lugar destacado e visible. Os participantes nas modalidades individuais recibirán un dorsal co número de participación.

SEGUNDA: Haberá catro modalidades:
– Comparsa: Considéranse comparsas un conxunto de persoas formado por un mínimo de 9 compoñentes representando un mesmo motivo.
– Grupo: Considéranse grupos un conxunto de persoas de entre 2 e 8 compoñentes representando un mesmo motivo.
– Individual infantil: nesta modalidade poderán participar nenos e nenas con idades comprendidas entre os 0 e 16 anos.
– Individual adulto: nesta modalidade poderán participar persoas de 17 anos en diante.
As comparasas e grupos poderán optativamente presentarse apoiados dun móbil (carro, tractor, remolque…). A altura máxima será de 3 metros.
A mesma persoa non poderá participar en máis dunha categoría

TERCEIRA: Os premios establecidos polo Departamento de Cultura son:

Comparsas Grupos
1º: 550 €
2º: 300 €
3º: 150 €

Grupos

1º: 300 €
2º: 200 €
3º: 100 €

Individual infantil

1º: 100 €
2º: 60 €
3º: 40 €

Individual adulto

1º: 100 €
2º: 60 €
3º: 40 €

CUARTA: A cualificación das distintas modalidades será determinada polo xurado do concurso que estará composto por catro representantes nomeados polo Departamento de Cultura do Concello de Arzúa.

QUINTA: Durante o desenvolvemento do desfile, o xurado valorará:
Comparsas e Grupos:
– Vestiaro e maquillaxe 0 a 4 puntos
– Traballo feito a man e emprego de materiais de refugallo 0 a 4 puntos

– Orixinalidade 0 a 3 puntos
– Coreografía e múica 0 a 3 puntos
– Organización e efecto do conxunto 0 a 3 puntos
– Simpatía (involucrar ao público) 0 a 5 puntos

Disfraces Individuais (infantís e adultos):
– Orixinalidade do vestiario 0 a 4 puntos
– Traballo feito a man e emprego de materiais de refugallo 0 a 4 puntos
– Maquillaxe 0 a 2 puntos
– Simpatía (involucrar ao público) 0 a 5 puntos

SEXTA: A entrega de premios terá lugar o mesmo día de celebración do concurso, unha vez feita a avaliación polo Xurado.

SÉTIMA: Os grupos e persoas participantes deberán presentarse no Recinto Feiral “Terra do Queixo” como mínimo media hora antes da saída.
Os participantes que precisen de música deberana traer en formato CD e as actuacións non durarán máis de 2 minutos.

OITAVA: A orde de saída no desfile será coincidindo coa orde de inscrición nas diferentes modalidades.

NOVENA: A participación no concurso supón a aceptación destas bases, sendo a decisión do xurado inapelable.

Os presentes premios serán outorgados con cargo á partida orzamentaria 334.480.02 do vixente orzamento, ata o límite de 2.000 euros.
Os premios levarán consigo a retención en concepto de IRPF, que resulte da aplicación segundo as normas contidas na normativa reguladora do imposto.

En Arzúa, 7 de xaneiro de 2016.
José Luís García López
Alcalde do Concello de Arzúa

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Email