Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

Entran en funcionamento os contedores soterrados da Rúa Consuelo Agra de Arzúa

  Entran en funcionamento os contedores soterrados da Rúa Consuelo Agra de Arzúa

O Concello de Arzúa puxo en funcionamento estes días os contedores soterrados ubicados na Rúa Consuelo Agra, preto da residencia de maiores de Arzúa. O servizo inaugurado está incluído no programa de mellora acometido polo Goberno Municipal coa finalidade de dotar desta infraestructura ao maior número de rúas do municipio, a infraestructura contou cun orzamento de 30.000 euros, subvencionados mediante un programa de axudas da Deputación Provincial.

 

Os contedores soterrados poderán ser empregados dende agora polos veciños e veciñas residentes na zona. Tal e como explicaba esta mañá o alcalde de Arzúa, José Luis García, “os contedores soterrados son un elemento imprescindible para a mellora da calidade de vida dos veciños e un servizo fundamental para contribuir ao coidado do medio ambiente”.

 

Na rúa Consuelo Agra construíuse unha illa con dous novos contedores para orgánicos, un para vidro, outro para plásticos e un para cartón. Coa posta en funcionamento destes contedores soterrados, Arzúa conta xa con 8 illas deste tipo de contedores construídos polo goberno municipal no casco urbano de Arzúa nos últimos anos. De feito, son varias as rúas dotadas con este tipo de servizo; en concreto as rúas Neira Vilas, Juan Vidal, Padre Pardo, Baltasar Pardal, Luis Seoane, Castelao, a Rúa do Castro e dende hoxe a Rúa Consuelo Agra.

 

Aproveitando a posta en funcionamento destes novos contedores, o Goberno Municipal fixo público o seu agradecemento á colaboración dos veciños no bo uso que están facendo deste servizo, ao clasificar e separar os residuos segundo a súa natureza e ao deixalos no depósito correspondente para así contribuir a unha recollida óptima dos residuos.  José Luis García, o alcalde,  sinalou ademais que “este novo  servizo converte  ao Concello de Arzúa nun dos municipios galegos con máis infraestructura de contedores soterrados” e indicou que “a nosa vontade é seguir contribuíndo ao desenvolvemento deste tipo de iniciativas que sempre repercuten de xeito positivo na calidade de vida dos nosos veciños, que ao final é o que máis importa”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Email