Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

Día do Neno 2017

Día do Neno 2017
O concello de Arzúa programa unha semana de actividades culturais para escolares con motivo do Día Internacional do Neno

O Departamento de Cultura do Concello de Arzúa celebra, un ano máis, o Día Internacional do Neno con varias actividades culturais para o desfrute dos escolares arzuáns.
Os nenos e nenas dos centros educativos de Arzúa poderán desfrutar de actuacións musicais e teatrais organizadas polo Concello de Arzúa e que se realizarán en horario lectivo na Casa da Cultura.
A primeira delas será hoxe luns, día 20, para os alumnos de Educación Infantil que poderán gozar dunha representación teatral a cargo da compañía Caramuxo Teatro e o seu espectáculo Feo!.
O martes día 21 será a quenda para os alumnos de 1º, 2º e 3º curso de Educación Primaria que participarán no espectáculo A nena que quería navegar a cargo de Redrum Teatro.
Outra proposta destinada aos escolares de 4º, 5º e 6º de Primaria terá lugar o mércores 22. O espectáculo musical e teatral Vaia circo virá da man da compañía Odaiko Percussion Group.
E, por último, o xoves 23, os mozos e mozas da ESO pecharán este programa de actuacións coa representación “Falar sen cancelas” na que participan Fran Rei, Pedro Brandariz e Isa Risco da man de Culturactiva.
Todas as actuacións serán ás once e media da mañá na Casa da Cultura.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Email