Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

Día do Comercio Local 2021: Apertura do prazo de inscricións

Día do Comercio Local 2021: Apertura do prazo de inscricións

O Concello de Arzúa organiza o noveno Día do Comercio Local o vindeiro mércores, 8 de decembro.
Con esta cita preténdese continuar promocionanado o comercio e a hostalaría do municipio aproveitando a proximidade da campaña de Nadal e a feira quincenal. Como en edicións anteriores, organizarase unha xornada con actividades, promocións e animación de rúa que este ano estarán adaptadas aos protocolos vixentes e situadas en diversos puntos da vila para favorecer o movemento do público e ao mesmo tempo evitar aglomeracións.
Para poder deseñar unha proposta atractiva, o Concello pide a colaboración, por un lado, do comercio para que ese día ofrezan descontos, sorteos, vales de merca ou outras promocións.
E, por outro lado, animan aos locais hostaleiros a que se involucren nunha ruta de tapas para promocionar a gastronomía e os produtos de calidade da zona, así como, ao mesmo tempo, os nosos restaurantes, bares e cafeterías.
Como nas anteriores edicións, desde o Concello de Arzúa difundirase o evento, programaranse actividades e elaboraranse programas de man e cartelería con toda a información das actividadades e das propostas que os locais comerciais e hostaleiros vaian definindo.
Os empresarios e empresarias interesados en participar deberanse anotar no Departamento de Cultura do Concello de Arzúa, chamando ao teléfono 981500222 ou escribindo a cultura@concellodearzua.com do 22 de outubro ao 5 de novembro. A inscrición é gratuíta.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Email