Arzúa é terra do queixo destino verde de Galicia paso dos peregrin@s

Día do Comercio Local 2020: Prazo de inscrición de locais comerciais e hostaleiros

Día do Comercio Local 2020: Prazo de inscrición de locais comerciais e hostaleiros

O Concello de Arzúa organiza o oitavo Día do Comercio Local o martes, 8 de decembro.
Con esta cita preténdese continuar promocionando o comercio e a hostalaría do municipio aproveitando a proximidade da campaña de Nadal e a feira quincenal. Como en edicións anteriores, organizarase unha xornada con actividades, promocións e animación de rúa que este ano estarán adaptadas aos protocolos vixentes e situadas en diversos puntos da vila e ao mesmo tempo para favorecer o movemento do público e evitar aglomeracións.
Para poder deseñar unha proposta atractiva, o Concello solicita a colaboración do comercio para que ese día ofrezan descontos, sorteos, vales de merca ou outras promocións.
Dende o propio concello tamén animan aos locais hostaleiros a que se involucren nunha ruta de tapas para promocionar a gastronomía e os produtos de calidade da zona, así como, ao mesmo tempo, os nosos restaurantes, bares e cafeterías.
Como nas anteriores edicións, desde o Concello de Arzúa difundirase o evento, programaranse actividades e elaboraranse programas de man e cartelería con toda a información das actividades e das propostas que os locais comerciais e hostaleiros vaian definindo.
Os empresarios e empresarias interesados en participar deberanse anotar no Departamento de Cultura do Concello de Arzúa, chamando ao teléfono 981500222 ou escribindo a cultura@concellodearzua.com do 22 de outubro ao 6 de novembro. A inscrición é gratuíta.

Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on linkedin
LinkedIn
Share on pinterest
Pinterest
Share on whatsapp
WhatsApp
Share on email
Email