Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

Día do Comercio Local 2020: Listaxe de participantes e programación de actividades

Día do Comercio Local 2020: Listaxe de participantes e programación de actividades

O Concello de Arzúa dá a coñecer a programación de actividades do Día do Comercio Local 2020

O Concello de Arzúa continúa coa organización do Día do Comercio Local que se celebrará o vindeiro 8 de decembro. Unha vez confirmada a participación de trinta e tres establecementos, cifra de inscritos que supera á de anos anteriores, o Concello deu a coñecer onte nunha reunión mantida cos participantes o programa de actividades deseñado para esta xornada.
Aproveitando a proximidade da campaña de Nadal e a feira quincenal, o Concello organiza varias actividades na rúa que se poderán desfrutar de xeito gratuíto durante todo o día e para todos os públicos.
Durante a mañá haberá animación de rúa a cargo da agrupación musical Donaire que dinamizará con música en directo a feira, as rúas e prazas da vila. Pola tarde, deseñouse a proposta chamada Rúas musicais con actuacións situadas en diversos puntos da vila para favorecer o movemento do público e evitar aglomeracións cumprindo os protocolos vixentes. Participarán de 16:30 a 18:00 Dani Riveiro & Christian Castrelo con versións galegas na Avenida de Lugo á altura da Libraría Cartafol, Lou Reyes e o seu blues na Praza do Peregrino ao carón da oficina de turismo, DJ Ferromona no cruzamento da Avenida de Lugo coa rúa Padre Pardo e a artista local Aldara na Praza de Galiza.
As actividades da tarde pecharanse co pasacalles a cargo do grupo de gaitas arzuán Luar das augas que animarán as rúas de 18:00 a 20:00h.

LISTAXE DE PARTICIPANTES
COMERCIO | PROMOCIÓNS

LENY: 20% de desconto (agás roupa interior)
10:00-14:00 / 17:00-20:00

CARTAFOL: 5% de desconto en libros, 10% en papelería e 15% en xoguetes
10:00-13:30 / 17:00-20:00

MODA SARI: 20% de desconto
10:30-14:00 / 17:00-20:00

ALCA JOYEROS: Ata o 60% de desconto en produtos sinalados, 20% en porcelanas Galos, 15% en artigos de xoiería e 10% en reloxos
10:00-14:00 / 16:30-20:30

ARZUGRÁFICA: Agasallo dunha máscara con bolsiña para gardar por cada merca igual ou superior a 20€ (unha por merca). Por cada merca de entre 10€ e 20€, agasallo dun bote de xel hidroalcohólico con mosquetón para colgar.
10:30-13:30

KITAKUXA ARTESANÍA: Agasallo dunha máscara con bolsiña para gardar por cada merca igual ou superior a 20€ (unha por merca). Por cada merca de entre 10€ e 20€, agasallo dun bote de xel hidroalcohólico con mosquetón para colgar.
10:30-13:30

CAROLA MODA: Agasallo con cada merca e sorteo dun vale de 50 euros
10:00-14:00 / 16:30-20:30

BOUTIQUE ANDURIÑA: 30% de desconto
10:30-14:00 / 17:00-20:00

SPORT MODA: As promocións serán publicadas nas redes sociais do propio establecemento
10:00-14:00 / 16:30-20:30

MISS ZAPATOS: 20% de desconto (agás en zapatillas de casa e marca Chiruca)
10:30-14:00 / 16:30-20:30

COMERCIAL ALFONSO SOUTO: 10% de desconto en roupa e calzado de traballo e menaxe
10:00-13:30

CEMPÉS: 20% de desconto en complementos
10:00-14:00 / 17:00-20:00

A TENDA DAS DE BURRES: 10% de desoncto e máis descontos en determinadas prendas
9:30-14:00 / 17:00-19:30

VADI MODA JOVEN: 20% de desconto
9:30-14:00 / 17:00-19:30

ARROUPADIÑOS: 20% de desconto
10:00-14:00 / 16:30-20:00

MITATA: 20% de desconto
11:00-14:00 / 16:00-20:00

MODA LAGE: 20% de desconto
9:00-14:00 / 16:00-20:30

PERFUMERÍA CHORIMA: Descontos variados
10:00-14:00 / 17:00-20:00

ESTRENAS ZAPATERÍA: 20% de desconto e ata o 50% en produtos seleccionados
10:30-20:30 (horario continuado)

CONGELADOS CÍES: 30% de desconto
10:00-15:00

CALZADOS IGLESIAS: A promoción será publicada nas redes sociais do propio establecemento na semana previa
10:30-14:00 / 16:30-19:30

MD LENCERÍA E FOGAR: Sorteo de dous bonos de 30 euros
10:00-14:00 / 17:00-20:30

STOPWAY39: Descontos especiais e sorteo dun vale de 100 euros. O sorteo realizarase no propio establecemento ás 19:30.
10:00-14:00 / 16:00-20:30

DEPORTES LÓPEZ: Descontos do 20 ao 50%
10:00-14:00 / 16:00-20:30

HOSTALARÍA | RUTA DE TAPAS

PARRILLADA 107: Callos e churrasco de porco (a elexir)
13:00-15:00 / 19:00-22:00

O GLOMAN: Callos
11:00-15:00

O FURANCHO DE SANTISO: Polbo con queixo de Arzúa
13:00-15:30 / 18:00-22:00

PARRILLADA EUROPA: Callos
A partir das 12:00

CASA NENÉ: Sorpresa de Nené
20:00-23:00

MESÓN CATRO VENTOS: Montadiños de verduras con queixo de Arzúa
11:00-15:30 / 19:00-22:00

BAR LUIS: Brandada de bacallau con crema de piquillo
A partir das 18:00

BAR MANOLO: Lasaña con setas
A partir das 11:00

OS CASQUEIROS: Filloas com roxóns
Todo o día

PROGRAMACIÓN DE ACTIVIDADES
12:00 – 14:00h
ANIMACIÓN DE RÚA: AGRUPACIÓN DONAIRE (Rúas e prazas)

16:30 – 18:00h
RÚAS MUSICAIS
• Dani Riveiro & Christian Castrelo (Versións galegas) / Avda. Lugo
• Lou Reyes (Blues) / Praza do Peregrino (Oficina de turismo)
• DJ (Música galega) / Avda. Lugo (cruzamento Rúa Padre Pardo)
• Habana Feeling (Música cubana) / Praza de Galiza

18:00 – 20:00h
ANIMACIÓN DE RÚA: LUAR DAS AUGAS (Rúas e prazas)

DESCARGAS
Cartel promocional
Díptico

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Email