Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.

Día do Apicultor. Sábado 8 de febreiro en Arzúa

dia do apicultor

Día do Apicultor 2014

Organizado polo Asociación Galega de Apicultura para este sábado 8 de febreiro de 2014 no Centro de Divulgación do Queixo e do Mel – Arzúa.

EMPRENDIMENTO, INNOVACIÓN E DIVERSIFICACIÓN

Este ano haberá moitas novidades no Día do Apicultor, no formato e nos contidos. Obradoiros e charlas mais dinámicos e participativos, adicados á diversificación e innovación apícola: o aproveitamento da apitoxina, a produción de pole e própole e a obtención de mel en seccións. Tamén daremos información importante sobre o control da Vespa Velutina.

Presentaremos novidades en material apícola: fondos de rede mais completos e duradeiros, prácticos cazapole ou estampadoras de cera. Contaremos cos produtos de Macmel, a cera de Apícola Carballal e Angel Romero e outras novidades.

Obxectivos:

Promocionar o emprendimento, a innovación e a diversificación, entre os asociados/as de AGA.

Tamén daremos  a coñecer a nosa proposta para o control da vespa velutina que xa está colonizando unha boa parte do noso territorio.

Terá lugar a Asemblea Xeral de AGA, como todos os anos coincidindo con este evento. Ademais, o persoal de AGA estará a disposición dos socios e socias durante todo o día para os trámites habituais: pago de cuotas, seguros apícolas, entrega das fotocopias para o Plan Apícola, etc.

PROGRAMA

OBRADOIROS De 11 a 13 h.

1.- Apicosmetic: Aproveitamento do veleno das abellas, apitoxina.
Aula Centro do Queixo e do Mel

2.- Irurtzun: Equipos para a obtención de mel en sección e outras novidades.
Nave de Erica Mel.

3.- José Fernandez: Colleita de pole e própole.
Biblioteca do Centro do Queixo e do Mel (BAGA)

4.- Gonzalo Calvo: Vespa Velutina. Trampas para a captura de vespas velutinas.
Nave de Erica Mel.

Formaremos grupos de máximo 50 persoas, que irán rotando por cada obradoiro. Cada sesión durará 30 minutos. O grupo APIE encargarase de organizar aos asistentes.

FEIRA DE PRODUTOS E EQUIPOS PARA APICULTOR@S De 11 h. a 18 h.

Feira de diversos produtos e equipos para os apicultores/as, trampas para a captura de V. velutina. Contaremos coa presenza de Macmel e as empresas da cera, Irurtzun…

ASEMBLEA XERAL DE AGA Ás 13 horas

Orde do día:

1.- Lectura e aprobación da acta anterior, se procede

2.- Relatorio de actividades e contas do ano 2013

3.- Eleccións para a nova directiva de AGA

4.- Programa e presuposto para o ano 2014

5.- Rogos e preguntas

 

Ás 18 h.: Peche das instalacións

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Email